Un colectivo de memoria histórica critica o «exercicio de negacionismo» do deputado Ferro

Redacción

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova demanda que o Padroado da Fundación Curros Enríquez destitúa o exconcelleiro de Cultura e exalcalde José Luis Ferro como membro da institución, «na defensa da dignidade das vítimas do fascismo e o seu dereito á verdade, á xustiza e á reparación», salienta o comité.

Trala intervención do actual parlamentario do PPdeG, «na que negou asasinatos e prácticas xenocidas na Colonia Penitenciaria de San Simón, onde están documentados máis de 400 mortos durante a guerra e a inmediata ditadura, o deputado do PP por Ourense e membro dese Padroado desde a súa etapa como concelleiro en 2012 non ten feito o mínimo xesto de rectificación malia á morea de críticas que recibiu desde sectores diversos da sociedade galega», critica o comité. Considera a intervención de Ferro no Parlamento como «un exercicio de negacionismo».

Tracking Pixel Contents