«Con cada libro que les aprendes algo novo»

No IES 12 de Outubro, os rapaces do club de lectura len 20 minutos ao día na aula: «Mellora a competencia lingüística, a cohesión grupal e a empatía»

Setenta alumnos do IES 12 de Outubro de Ourense participan no club de lectura deste centro do barrio da Ponte.

Setenta alumnos do IES 12 de Outubro de Ourense participan no club de lectura deste centro do barrio da Ponte. / IÑAKI OSORIO

Javier Fraiz

Javier Fraiz

A biblioteca do instituto 12 de Outubro de Ourense medra de continuo como a imaxinación dos rapaces cando se achegan ás historias dos libros. Entre as capas do papel collen realidades infinitas. A semente da lectura agroma na infancia e, se o hábito se mantén, e se o contacto coas páxinas se vive con divertimento, dá froitos vizosos na adolescencia, unha das etapas de formación máis importantes. A biblioteca que coordina Carlos Seara compila máis 13.000 títulos. No decurso do ano académico, fanse entre 1.300 e 1.500 préstamos de volumes neste instituto da Ponte, onde estudan uns 300 rapaces.

«Un libro te da más oportunidades, te enseña, vives una aventura como si tú estuvieras dentro», expresa con entusiasmo Laura, alumna de Segundo da ESO, unha dos setenta estudantes inscritos no club de lectura do 12. «La lectura te enseña cómo ser mejor, te aporta valores. A nuestras edades, leer es muy importante; fomenta que estudiemos y no estemos todo el tiempo pegados a las pantallas». Esta alumna destaca que «con cada libro que lees aprendes algo nuevo. A nivel académico, la lectura te ayuda con las faltas de ortografía y la manera de expresarse».

«A resposta do alumnado é fantástica, o club de lectura vai a máis cada ano», valora Carlos Seara. Os rapaces que participan non teñen que mercar o exemplar, que adquire e facilita a biblioteca do centro. É unha iniciativa que forma e mellora as competencias lingüísticas, «pero ademais é fundamental no aspecto emocional, porque crea grupo entre os rapaces, mellora a cohesión, a empatía e as relacións, que se fan máis dinámicas e cercanas, entre o alumnado e co profesor», salienta o responsable da biblioteca escolar.

Si estás estudiando y haces un parón para leer, después te concentras más

«Estar no club de lectura é unha oportunidade para ler máis», di Hugo, outro dos estudantes que participa. «Tener que estudiar a veces nos impide leer, porque lo aplazas. En el club podemos conocer más libros y géneros», opina Joana. «Te ayuda a desconectar. Si estás estudiando y haces un parón para leer, después te concentras más», afirma Sara.

Compartir con outros compañeiros as impresións sobre un mesmo texto serve para entender «puntos de vista diferentes, ver que tu opinión no es la única y que hay otra manera de ver los libros», expón esta rapaza.

Os alumnos que participan na iniciativa dispoñen de vinte minutos cada xornada, un tempo que se reparte, polo acordo entre os profesores, en horas lectivas das distintas materias. «Unha semana len á primeira hora, a seguinte á segunda, e así sucesivamente», explica Ramón V. Prol, o coordinador do club de lectura do 12 de Outubro.

Carlos Seara, responsable da biblioteca, e Ramón V. Prol, coordinador do club de lectura. |  I. Osorio

Carlos Seara, responsable da biblioteca, e Ramón V. Prol, coordinador do club de lectura. / IÑAKI OSORIO

«O fin é que desfruten lendo»

«A mellora da competencia e comprensión lectora beneficia a todas as materias. É un xeito de desconexión de vinte minutos todos os días por medio dunha actividade con efectos positivos a nivel académico e tamén persoal», salienta este docente. «Os profesores e profesoras implicados co club propoñemos lecturas pero estamos pendentes dos intereses que teñen os estudantes, para que conecten cos libros. O fin último é que desfruten lendo», expón Prol.

Teñen acceso a títulos en castelán e en galego, e a xéneros diversos: novela gráfica, ciencia ficción, fantasía, drama adolescente... «O obxectivo é que vexan a lectura como un proceso natural», valora Carlos. O efecto de iniciativas culturais como o club, ou a Radio Canedo —a emisora do centro—, cala entre o alumnado.

Malia que a participación no grupo lector descende a medida que sobe o nivel educativo, debido á carga lectiva e á maior esixencia académica en Bacharelato, «ao fomentar o gusto pola lectura, cando medran van tendo o seu propio criterio e escollen eles o que queren ler. Proba disto é que en Terceiro e en Cuarto da ESO non baixa o número de préstamos, e ademais a maioría son de lecturas non obrigatorias no centro», conta Ramón.

Uns rapaces do club de lectura conversan sobre un dos libros co profesor Ramón V. Prol.

Uns rapaces do club de lectura conversan sobre un dos libros co profesor Ramón V. Prol. / IÑAKI OSORIO

«Nos recreos hai tantos alumnos na biblioteca como na cafetaría»

«Para eles, traballar con algo físico resúltalles motivador, estimúlanse máis que coa pantalla, que forma parte dunha porcentaxe alta do seu tempo», opina este profesor. «Nos recreos hai tantos alumnos na biblioteca como na cafetaría, o que dá idea do bo funcionamento do servizo de préstamo», engade.

Traballan en contacto estreito co equipo de dinamización lingüística. «As actividades axudan a frear e combatir a perda de galegofalantes entre a xente moza. A lingua de socialización adoita ser o castelán. No positivo, non vemos prexuízos cara a lingua galega entre o alumnado, que sabe que é un idioma de cultura e con posibilidades para a transmisión de calquera coñecemento», di Prol.

Ao final de curso, os alumnos do club fan un roteiro cultural. O ano pasado estiveron en San Simón. O 12 de Outubro organiza certames de microrrelatos e programa encontros do alumnado con escritores. Os de Segundo de Bacharelato entrevistarán para Radio Canedo a Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática por ‘As alumnas’. Ademais, a autora dará un obradoiro de radio teatralizada.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents