Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O actual xulgado de Celanova foi cárcere de mulleres tralo golpe franquista

Unha placa sinalizará o edificio como lugar de memoria da represión feminina entre 1936 e 1938

Xulgado de Celanova. |  Cedida

Xulgado de Celanova. | Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. O.

Ourense

O Comité de Memoria Histórica da comarca de Celanova e a Concellería de Igualdade do Concello de Celanova sinalarán o edificio dos actuais xulgados de Celanova como un lugar de memoria, nun acto que terá lugar o próximo 23 de novembro. Colocarase unha placa para lembrar que o edificio foi cárcere de mulleres, centro de represión feminina, entre agosto de 1936 e 1938. Colocarase unha placa de aceiro e ferro cunha lenda que recorda que o actual xulgado foi espazo de represión. No acto participarán familiares de Salud Torres Díaz e María Del Valle Lozano, que sufriron cadea e foron paseadas a finais de 1937 en Xinzo.

Estarán a presidenta do Comité, Celia Inés Feijóo Soto, o alcalde de Celanova, Antonio Puga, e a concelleira de Igualdade, Teresa Barge. Esa mesma mañá do día 23, Rosa María Cid Galante, catedrática no ensino secundario e doutora en Xeografía e Historia, e Julio Prada Rodríguez, catedrático en Historia Contemporánea e decano da Facultade de Historia de Ourense, ofrecerán conferencias sobre a represión sobre as mulleres na guerra e a ditadura. As súas intervencións terán lugar no salón de plenos do Concello de Celanova.

Segundo as investigacións históricas, o cárcere de mulleres de Celanova habilitouse como espazo de reclusión feminino aos poucos días do golpe de Estado de xullo de 1936 e a primeira noticia documentada data do 20 de agosto daquel ano. A primeira lista de presas é de maio de 1937: figuran os nomes de 47 mulleres e 3 bebés.

Tracking Pixel Contents