Unha mostra e unha narración oral no Día das Bibliotecas

Biblioteca Pública Ourense Nós / @bibourense
Redacción
Co gallo do Día das Bibliotecas, que se celebra este xoves, a Biblioteca Pública Nós de Ourense acolle un espectáculo de narración oral así como unha exposición. O centro ofrece aos máis cativos da casa o contacontos para bebés ‘Os mundos de Porquiño’, con dúas sesións, ás 18 e 18.45 horas. Ademais, a Nós escolle a exposición ‘As bibliotecas nos libros’, na que se amosan unha selección de obras nas que se fala sobre estes recursos públicos de préstamo de volumes. A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 31 de outubro.
En 2022 a lectura foi o terceiro hábito cultural máis frecuente en Galicia —63,9% da poboación— despois da música e a televisión. A porcentaxe actual de persoas lectoras entre a xente de 14 ou máis anos sitúase no 96,9%. O 62,9% dos galegos le libros no seu tempo libre, polo menos unha vez ao trimestre, e un 52,4% un mínimo dunha vez á semana. En canto á lingua, o 61,2% dos lectores maiores de 14 anos len en galego, ben sexa de maneira habitual ou ocasionalmente, segundo os datos da Xunta.
- La información que ayuda a patrullar
- Jácome tacha de 'marrón' el carril-bici de la Xunta en As Caldas y medita suprimirlo...cuando acabe la obra
- Vocación por la abogacía con 64 años de diferencia
- Maestros de la Costura en Bande
- Manzaneda: de la mínima de Galicia, con -8 grados, al disfrute del esquí
- La piscina de As Burgas pierde tras la obra unos 200.000 litros al día, según los técnicos
- Un hombre resulta herido grave tras volcar con su coche en Vilardevós
- Droga en el buzón: un investigado en Verín