Homenaxe a Carlos Guitián, o médico que falaba, receitaba e militaba en galego

Colectivos sanitarios, culturais, amigos e familiares participaron no acto académico e na descuberta da placa que louba a súa importante pegada

Amigos, políticos e as catro fillas de Carlos Guitián, diante da placa na casa familiar.   | // IÑAKI OSORIO

Amigos, políticos e as catro fillas de Carlos Guitián, diante da placa na casa familiar. | // IÑAKI OSORIO

Redacción

“Don Carlos Guitián Rodríguez (1927-2024). Médico de cualificado prestixio na suá especialidade, galeguista insobornable e sobranceiro activista da normalización lingüística e di patrimonio cultural”.

A placa descuberta onte no edificio número 59 da avenida da Habana de Ourense, domicilio familiar do prestixioso médico, político e investigador dinamizador social e cultural, e o seu texto, é so a testemula escrita dun homenaxe a Carlos Guitián, falecido en xaneiro de 2024 os 96 anos, , cuia traxectoria sanitaria como médico, foi so una parte dunha vida de compromiso co país, a cultura, a ecoloxía e a ecoloxía e por riba a lingua galega, e o xeito da militar co exemplo como médico que receitaba en galego, así coo o espírito innovador como o ser un dos primeiros urólogos en facer uso da a técnica da resección transuretral endoscópica con intervención mínima.

A descoberta da placa foi a primera parte dunha xornada do homenaxe organizado por la Asociacion de Funcionarios para a Normalización Lingüisítica, a Irmandade da Sanidade Galega a que pertencía, con apoio Xunta de Galicia, e o posterior acto académuci que tivo lguar no salón do parafninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense.

As catro fillas do investigador, políticos, como o presidente do Parlamento Galego Miguel Santalices; o presidente de honra do Partido Comunista e médico Manuel Peña-Rey; representantes do BNG como Luis Seara, a presidenta do Colexio Oficial de Médicos de Ourense, entre oturos, foron algúns dos moitos asistentes.

Anxela Guitián, unha das fillas de Guitián lembrou onte o seu pai “un bo home, boa xente, que, o mesmo tiñan como prioridade a loita por un mundo mellor, no social no sanitario e no cultural en tempos difíciles.

Lembran a fillas “a nosa primera misa en galego en Fátima, a súa actividade desbordante, a dun humanista, con capacidade científica e técnica pero con liderazgo social e político” explicaron Maruxa, Iria, Ana en Anxela.

Foi ademáis fundador da Asociación Cultural Auriense , “e morreu contento, agradecido en tranquilo “ lembraba Maruxa

Flora Mirand, cooordinadora da Irmandade Sanitaria Galega loubou tamén a Guitián e súa teima na defensa na sanidade e na vida por la lingua galega,

No posterior acto no Paraninfo o IES Otero Pedrayo, houbo ponencias sobre o traballo dos médicos no rural ourensá nos tempos de Guitián ou sobre a súa labor como urólogo a cargo de a cargo Sánchez, Olalla Quintairos e Roberto Fernández Álvarez.

Imposible resumir a longa e valiosa capacidad de traballo e de loita dun auténtico humanista, que xunta ca vangarda como médico, encabezou a candidatura do Partido Socialista Galego en Ourense nas eleccións municipais de 1983 e despois foi candidato polo BNG. e pernece ceu a Irmandade da Sanidade Galega. Na súa longa e prolífica vida de case un século de inqueda pescuda, non faltaron loitas ecoloxistas, como a súa participacón activa contra o encoro do Barbantiño. Foi dos bos e xenerosos. A súa pegada no esmorece.

Suscríbete para seguir leyendo