A Sociedad Cultural e Deportiva Albor, ubicada no barrio do Couto, acolleu onte a presentación do exemplar Número 11 da revista “Nós, a Xente do Redor”, unha iniciativa que naceu durante a pandemia impulsada por Avelino Jácome para manter viva a cultura e a unión dun grupo de ouresáns que comparten paixón pola escritura. “Mandáronnos para a casa no confinamento e ocorréuseme facer unha revista e un libro por amor ao arte, pois eu teño unha imprenta por estar ao cargo da empresa Orixe Publicidade e Comunicación”, recoñece Avelino, director do proxecto cultural.
Pronto conseguiu o apoio de máis escritores e artistas. De feito, uns días antes, moitos estiveran presentes nunha exposición do mestre Miguel Anxo Martínez Coello sobre retratos de ourensáns ilustres e non ilustres. Avelino, por suposto, quixo seguir na liña de Coello, unha liña que incluso lle recorda a quel coñecido lema do deporte “Zidanes y Pavones”, que facía referencia a aposta de Florentino Pérez, na súa primeira etapa como presidente do Real Madrid, de destinar parte do presuposto a fichaxes de renome e completar a planilla con xogadores da canteira. “Na revista escribe xente moi consagrasa como o propio Martínez Coello, Paco Ascón, Ramón Loureiro, Bieito Ledo e un gran etcétera, pero tamén hay xente que comezou a escribir na revista, como é o caso de Fina Cruz, e agora escribe como os anxos”, desvela Avelino. Ademáis sempre tivo clara cal sería a filosofía de vida deste proxecto. “Nos pensamos que a cultura emerxe do pobo, e se non somos capaces de darlle oportunidades non escribirá”, reivindica.
Un acto cultural e emotivo
Onte, Avelino e toda a súa Xente do Redor, vivían con emoción a presentación dun número máis da revista, pois xamais imaxinaron chegar tan lonxe cunha idea que naceu para pasar o tempo e non esquecerse da cultura durante a pandemia. “Estamos un pouco nunha nube, o ano pasado icluso nos convocaron aos Premios da Crítica de Vigo”, recorda. Un proxecto que como o seu propio director recoñece “costa esforzo, suor e lágrimas porque se fai en ocos que temos libres”.
No evento de presentación estiveron presentes os autores e unha variada de representación de medio centenar de artistas, pintores, escritores, poetas e escultores. Tamén se aproveitou o acto para entregar o novos exemplares aos alumnos gañadores do concurso de relatos organizado pola Asociación Loureiro.