Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A campaña que deturpa a toponimia tamén afecta a Ourense

"Bienvenidos a Orense, ciudad que en gallego se llama Ourense", di un valo publicitario na Avenida de Santiago

A campaña que deturpa a toponimia tamén afecta a Ourense | MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A campaña que deturpa a toponimia tamén afecta a Ourense | MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA / n

R. O.

Ourense

Despois de Sanxenxo ou A Coruña, Ourense tamén se ve afectada pola campaña da asociación ‘Hablamos español’ que deturpa a toponimia oficial (é en galego, como establece a Lei de Normalización Lingüística).

“Bienvenidos a Orense, ciudad que en gallego se llama Ourense”, di a mensaxe dun soporte publicitario de gran tamaño na Avenida de Santiago, nun dos accesos principais á capital das Burgas.

Ataques contra a nosa toponimia nunca vistos. Unha campaña que ten como única finalidade a de provocar e confrontar”, denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística.

Tracking Pixel Contents