“Qué fixen eu por Ourense? : Non son máis que un prosista que nunca aloumiñou aos tiranos”

O filólogo, escritor e ensaísta Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) recibiu onte a Medalla de Ouro do Liceo, pola sua traxectoria e o seu apoio a labor liceísta ao longo dos anos

Xesús Alonso Montero, onter recibindo o seu galardón de mans do presidente do Liceo de Ourense, Javier Casares. |   // IÑAKI OSORIO

Xesús Alonso Montero, onter recibindo o seu galardón de mans do presidente do Liceo de Ourense, Javier Casares. | // IÑAKI OSORIO / M.J.A.

M.J.A.

Eu que fixen por Ourense?. Non fixen fontes, estradas nin un ferrocarril. Son so un modesto prosista, que nunca aloumiñou aos tiranos”. Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), ensaísta, socio lingüista, poeta e catedrático de Letras Galegas e membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, agradecía así, lembrando unha fermosa frase de Curros Enríquez, a Medalla de Ouro do Liceo de Ourense, que lle entregou a pasada noite esta histórica institución, na honra pola traxectoria do escritor, e pola súa colaboración ao longo dos anos con todos los actos organizados pola esta entidad liceística.

Público asistente onte ao acto de entrega da Medalla de Ouro do Liceo a Alonso Montero. |   // IÑAKI OSORIO

Público asistente onte ao acto de entrega da Medalla de Ouro do Liceo a Alonso Montero. | // IÑAKI OSORIO / M.J.A.

Nun fermoso discurso de agradecemento, titulado “Ourense, eido farturento de palabras, na niña biografía intelectual”, cheo de referencias a súa vinculación con Ourense, o laureado académico lembrou que a súa traxectoria é consecuencia do “meu amor as palabras, eso é a filoloxía”.

Un xoven de casi 95 anos

Do mesmo xeito, rememorou o discurso de Curros Enríquez, cando foi coroado de laurel en Galicia pois, “atopome na mesma situación, cando dixo aquelo de que non entendía por qué lle daban tan alto premio, pois nunca fixera unha fonte nin estrada sen Ourense, no me caso tampouco, son so un poeta, un modestísimo prosista que, en efecto, levo dende hai moitas décadas, e vou cumplir xa 95 anos, tratando de non aloumiñar aos tiranos, máis ben tentei estar con aqueles que son vítimas de calquera tipo de tiranía ou opresión”·

O presidente do Liceo de Ourense, Javier Casares foi o encargado de entregar esta nova distinción a Alonso Montero. O filólogo lembrou que, aínda que naceu en Vigo, foi en Ventosela, perto de Ribadavia, “onde aprendín a falar galego,”. No seu relato de de persoas anónimas que marcaron a sua vida, citou onte a dona Gumersinda, como inductora, sin sabelo, da sua raelidade idiomática.

“Tiña nove anos, e na escola de Ventosela tiven certo éxito, porque o mestre pedíanos ler os sábados “España mi patria”, e, aínda que había rapaces moito máis intelixentes ca min na escola, como Julio Gómez Freixido, sempre empezaba por min, polo único mérito de que leía en castelán a única lingua que tiña falado ata entón”.

Os seus mestres anónimos

Ata que un un día, o Alonso Montero neno escoitou como a señora Gumersinda, a dona do edificio da escola, “nunha conversa co mestre preguntoulle: don Máximo, explíqueme por qué neste pobo, falamos dunha maneira e escribimos doutra?”.

Esa obervación da señora Gumersinda, unha anónima “marcoume para sempre” confesou onte Alonso Montero, na súa conferencia de agradecemento ao Liceo de Ourense, e pensa que “influiu en que eu, anos despois, me adicara a filoloxía a sociolinguística e a problemática do galego; foi en parte por ela”.

De neno Alonso Montero escoitou a señora Gumersinda, nunha conversa co mestre: don Máximo, explíqueme por qué neste pobo, falamos dunha maneira e escribimos doutra?”. Afirma que "aquelo marcoume"

Agradeceu tamén o académico, a consideración que tiveron os seus pais, “pois vindo dunha familia de labregos, fun o primeiro con título universitario, ninguén entendía na aldea que estudiara filoloxía, algo que non se sabía o quéen Santiago, cousas que se sabía que daban cartos e prestixio” ironizou Montero, de feito, “un mozo nunha festa díxóme que eu era “un pouco astronauta”. era, e ademáis en Madrid, e non Medicina, Veterinaria, Dereito ou Farmacia

Recoñece que “inocente de min, no sabía que a universidade era franquista, e non se falaba a lingua da miña xente, a da aldea, a da xente con zocos, así que de novo lembrei a dona Gumersinda, e caín na conta de que os ricos falan e escriben da mesma maneira”.

Esta reflexión foi a que lle que marcou en parte, dixo onte Alonso Montero ante o seu entregado público, de amigos e intelectuais que encheron o salón nobre do Liceo.

No eido político, tamén foi un home do pobo o que inspirou a súa futura traxectoria. “Eu tiña 12 anos, e había na aldea un “abogado das silveiras”, Antonio García, un canteiro casi analfabeto, que era comunista, ainda que nunca leera a Rosa Luxemburgo, Engels ou Marx, pero, intutivamente, entendía que o mundo era inxusto e que o comunismo era unha cousa boa”.

"A primeira lección de comunismo non ma deu tampouco Marx, nin Engels ou Rosa Luxemburgo, si non "o petouto", un canteiro, casi analfabeto, pero intituivo”

Díxome, “Suso, a ti que che gustan os libros e as palabras ben feitas, non sei si o día de mañán haberá ricos, pero o que sei e que non tería que haber pobres, e iso depende das personas que len e saben de palabras, coma ti”.

Según Alonso Montero “eu aínda estou niso, e na medida que algo fixen na niña modesta prosa, a primeira lección de marxismo non ma deu tampouco Marx, nin Engels ou Rosa Luxemburgo, si non este comunista das silveiras, canteiro, casi analfabeto, pero intituivo”.

Sinalou que cando anos máis tarde “lin a Jorge Guillén cando dixo “el mundo está mal hecho”, eu díxenme, qué razón tiña o señor Petouto!” recoñeceu o académico.

As grazas do Liceo

A xunta directiva do Liceo de Ourense, explicou onte que decidiu concederlle na súa última reunión e por unanimidadea distinción da Medalla de Ouro da Sociedade “Liceo de Ourense” a Xesús Alonso Montero “porque dende fai moitos anos, mantén unha estreita relación co Liceo de Ourense; son innumerables as conferencias impartidas na nosa sede, presentacións de libros, tertulias. Sempre está disposto a colaborar coa nosa sociedade en calquera evento cultural que se lle propoña”.

Así mesmo o ensaísta e filólogo, “aproveita calquera oportunidade para reivindicarse como estudante de secundaria. É, por todo o exposto, e en agradecemento á súa relación coa nosa sociedade”.

O profesor Xesús Alonso Montero, pertence á xeración de escritores que comezaron a súa labor cultural despois da Guerra Civil Española e que dende entón desenvolven un gran labor a prol da cultura galega.

Suscríbete para seguir leyendo