Raigame exalta a cultura galega con máis de 40 actividades e 107 postos diferentes

Vilanova dos Infantes acolleu a vixésima edición dunha romería con claro acento galego | Certames de fotografía, microvídeos e participación cidadá, para incentivar a sociedade

Un artesán de olería nun recuncho da feira de Vilanova. |   // I. OSORIO

Un artesán de olería nun recuncho da feira de Vilanova. | // I. OSORIO / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Vilanova dos Infantes volveu ser o epicentro da festa do Día dás Letras Galegas. A vila celanovesa dispuxo todo o seu esplendor para recuperar o seu “Raigame” trala pandemia que sumou a súa vixésima edición, sin ningún tipo de restrición, que non fora outra que falar, bailar e cantar en galego. Nesta presente edición déronse cita 107 postos de diferentes tipos de artesanía, gastronomía e tamén doutros oficios de carácter artesanal.

Ademáis o programa diseñaba unha xornada chega de actividades, onde máis de 40 grupos actuaron nunha vila onde viven a cotío unhas 125 persoas. Unha festa máxica, de exaltación da cultura galega, para reivindicar o seu e o noso.

Este ano a festa estivo adicada os canteiros, no centenario da declaración de Monumento Nacional da capela de San Miguel, e onde se fará entrega do premio “Adolfo Enríquez” ao escultor Xosé Cid, con moito vínculo coa comarca celanovesa.

Neste ano a novidade principal, amén dos concursos de fotografías e microvídeos, foi o certame que premiaba a aqueles veciños que dende as súas fiestras e balcóns animaran a celebración dun xeito innovador e tradicional.

Así mesmo, tamén cabe destacar a difusión e promoción do número 49 da revista “Raigame”, adicado a Elixio Rivas, medalla de ouro da provincia e falecido en 2022.

O baile tradicional galego, unha xoia nunha cita histórica |   // I. OSORIO

O baile tradicional galego, unha xoia nunha cita histórica | // I. OSORIO / REDACCIÓN

Suscríbete para seguir leyendo