Entrevista | Xosé Manuel Cid Decano da Facultade de Educación e Traballo Social

“Somos un centro aberto e temos centos de convenios, esta facultade é da sociedade”

Aplaza a súa xubilación para optar á reelección nun momento de cambio coa lei de Universidades: “Supón un desafío e quero ser útil”

Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social.   | IÑAKI OSORIO

Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social. | IÑAKI OSORIO / S. DE LA FUENTE

Xosé Manuel Cid é un dos profesores máis veteranos do campus de Ourense, no que foi decano da antiga Facultade de Humanidades, da de Ciencias da Educación e agora da de Educación e Traballo Social, na que opta a reelección acompañado do meso equipo co que dirixiu o centro neste primeiro mandato. A súa candidatura é única, polo que a renovación ratificarase mañá xoves, na xunta de facultade.

–Entre a xubilación e a renovación do decanato, escolle esta última. ¿Por qué?

–Tiña barallado pedir un ano sabático e despois pensar na xubilación, tendo en conta que a facultade gañou moita estabilidade na plantilla coas plazas do ano pasado e coas deste ano. Era un bo momento para ser relevado sen que se notara, e esa era a idea, pero a raíz da aprobación da nova Lei Orgánica do Sistema Universitario, que vai traer cambios importantes, e a propia reforma educativa, que para o maxisterio supón un desafío importante, pensei que podía seguir botando unha man un par de anos máis, mentres a universidade adapta toda a normativa da LOSU. Trátase dun aplazamento para contribuir no que poida ser útil na facultade e no conxunto a universidade.

–A facultade de Educación é un dos centros veteranos do campus de Ourense e o profesorado tamén. ¿Está resolto o problema da plantilla coas últimas incorporacións?

–É un orgullo dirixir un centro que hereda 180 anos de historia, da nosa escola de Maxisterio, de 1842. Por todos os cambios que se foron producindo: creáronse novas titulacións, novas profesións tanto no campo psicopedagóxico como no do traballo social e a educación social, e nesta facultade concentramos toda esa formación. O que aconteceu é que coa incorporación da escola de Maxisterio á universidade no ano 1972, boa parte da plantilla tamén viña daquela primeira época.

"A oferta pública de emprego destes tres últimos anos permitiunos recuperar unhas 25 persoas de tempo completo sen prescindir de persoal asociado"

Ao pasar das escolas Normais ás escolas universitarias entrou moitísima plantilla con vinte e poucos anos, que son os que se estiveron xubilando na última década. Esas xubilacións, pola lei de austeridade que había nese momento, non xeraban outra plaza da mesma categoría, senón de tempo parcial ou sustitución. E eso debilitou moito a plantilla. A oferta pública de emprego destes tres últimos anos permitiunos recuperar unhas 25 persoas de tempo completo sen prescindir de persoal asociado que aporta experiencia do mundo profesional educativo e dos servicios sociais. Polo tanto, ese músculo que necesita unha institución universitaria para consolidarse o estamos entrenando ben.

–¿Existe boa conexión coa sociedade?

–É un aspecto fundamental e vese na cantidade de convenios que temos. Un dos que máis orgulloso me sinto é o que temos con Benposta Colombia, que permite que algunha alumna de Educación Social esté facendo prácticas alá, nunha insitución que naceu en Ourense e que hoxe cumpre o seu papel socioeducativo en Colombia. Son centos os convenios que temos e que permiten que esta facultade sexa da sociedade. Somos un centro aberto á sociedade, no que calquera iniciativa pode ter un espazo, exposicións, conferencias, xornadas... Porque o que ten crecido o mundo da acción social e da educación nos últimos anos é incrible.

–A Facultade de Educación e Traballo Social é hoxe a de maior tamaño do campus. ¿Como ten influido ese crecemento?

–Boto de menos que en tempos coñecía prácticamente a todo o alumnado. Agora estamos por encima dos 1.600 e eso perdeuse. Temos unha dimensión tan grande que non tes tanto contacto coas aulas senón que estás encerrado en papeleos e trámites. A esto contribuiron positiva e negativamente as novas tecnoloxías. Agora parece que o traballo educativo faise diante dun ordenador en lugar de estar conversando nunha aula, na que parece máis importante a mediación dunha pantalla que o propio diálogo entre o profesorado e o alumnado. E coa parte positiva de que permite resolver moitas cousas, como a comunicación en tempo real con xente de universidades de todo o mundo, e eso é un avance moi importante.

"Somos un dos poucos centros que temos selo distintivo de igualdade"

–¿Qué novidades introduce o novo plan estratéxico que acaba de aprobar o centro?

–Trátase de seguir facendo ben o que xa se estaba facendo ben e no que temos avanzado moito, como son os temas de igualdade. Somos un dos poucos centros que temos selo distintivo de igualdade; os dous títulos de maxisterio coa impartción do 80% en galego... O que buscamos e mellorar cuestións que xa se facían. Pero sobre todo, significa especializarnos en centro de accesibilidade universal, ese é o lema do plan. Ás veces non nos damos conta pero facemos cousas que son excluíntes, desde o propio acceso físico aos centros, que xa se ten corrixido moito. Imos facer unha auditoría para ver qué cousas facemos mal, desde a estrutura física da facultade, como a nivel de páxina web, que pode ser máis ou menos accesible. E ver como favorecer esa accesibilidade universal na que todo o mundo teña dereito a participar do ensino universitario e da vida universitaria con pleno dereito. Esto implica unha aposta pola igualdade, a diversidade e os dereitos de toda a sociedade que queira acceder a este centro.

"Os dereitos humanos os requisitos democráticos e de convivencia están no corazón desta facultade"

–¿Levan os egresados deste centro ese selo de identidade que é a aposta pola igualdade e a diversidade?

–En boa medida si. Eu creo que se preguntas a nivel social por problemas deste tipo nótase o alumnado que tivo esta formación, profesionais que utilizan a linguaxe inclusiva... Cousas que son simbólicas, pero os símbolos ás veces signfican moito na sociedade. Neso distínguese o alumnado de aquí, pero evidentemente non se pode pensar nun éxito do 100%. Non é que nós adoctrinemos pero os dereitos humanos os requisitos democráticos e de convivencia están no corazón desta facultade, e cando ves que alguén non os entendeu ou non os asume, dalgún xeito é un fracaso. Pero é algo que ten que ver coa dinámica xeral do sistema educativo. Poñemos notas en lingua, matemáticas, ciencias... pero non en interculturalismo, en respeto, en diálogo ou en capacidade de resolver conflictos. Enténdese que é unha educación de menos importancia, pero esto é a importancia da educación. Se detectas un xesto racista na clase, aínda que sexa de matemáticas, vale a pena interrumpir 10 ou 15 minutos para analizar ese problema e concienciar

Suscríbete para seguir leyendo