O BNG urxe á Xunta que asuma as competencias da sanidade penitenciaria

Tamén esixe apoio para unha “xustiza restaurativa”

Visita do BNG a Pereiro.  | // FDV

Visita do BNG a Pereiro. | // FDV / Redacción

Redacción

O deputado ourensán do BNG no Parlamento Iago Tabarés, o voceiro do Bloque na Deputación, Bernardo Varela, e outros representantes do partido visitaron o centro penitenciario do Pereiro de Aguiar, para coñecer de primeira man a realidade do sistema penitenciario da man do director, Francisco González, quen lles amosou as condicións do centro, os proxectos para a súa mellora, as condicións de vida dos internos e os programas de tratamento que se seguen.

Tras constatar o necesario incremento de persoal, responsabilidade do Goberno, o BNG tamén insta á Xunta a que “de xeito inmediato se dea cumprimento aos reiterados acordos do Parlamento para a asunción de competencias en materia de sanidade penitenciario”.

O Bloque argumenta que “o persoal sanitario destinado nos centros penitenciarios non pode depender do Ministerio do Interior e ten que pasar a depender do Servizo Galego de Saúde, tanto para a mellora das condicións económicas e laborais deste profesionais como, e sobre todo, para a mellora dos servizos que se prestan aos doentes internos nos centros penitenciarios”. Ademais, o BNG demanda que a Xunta apoie programas de reinserción dos internos para unha “xustiza restaurativa”.