O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entregou onte unha gaita elaborada polo Obradoiro de instrumentos á Escola de baile e música tradicional Rebulir, representada polo seu director, Alexandro Sotelino, que agradeceu a atención á petición realizada por un colectivo que forma aos veciños de Ramirás e outros puntos da xeografía ourensá na cultura galega.