Temos actualmente na nosa literatura toda unha tradición histórica no relato popular galego do humor, comezando polos consabidos e antoloxizados relatos de xente anónima e do común que foron publicados nos coleccionables de Galaxia, pasando polas versións propias dos clásicos como Risco, Pedraio, Cunqueiro, Castelao, etcétera, revalorados por outros autores máis modernos como Freixanes, Conde, Méndez Ferrín ou Casares, entre outros, que fixo da súa columna Á marxe un exercicio de literatura de humor ao detalle.

Se tiveramos que marcar un nexo entre todos eles e a literatura humorística actual teríamos que falar da retranca que caracteriza a agudeza visual, léxica e sintáctica das palabras utilizadas na consideración estilística.

Exercicio de memoria

Todo elo permanece refundido nas páxinas da recente obra de relatos do autor Xosé Manuel del Caño, onde o propio título que dá corpo a todos os relatos, Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias, resulta un exercicio da memoria persoal e unha escusa para publicitar a retranca contida nun libro de relatos, anecdotario divertido, no que a linguaxe procaz do idioma se autoconcede licenza como recurso propio do humor, engadíndoselle elementos como a fantasía ou a hipérbole, expresións recollidas e utilizadas xa anteriormente noutros libros do mesmo autor, refeitas e condensadas neste libro.

San tamén retazos ou recunchos da súa propia vida e currículo literario, nos que tampouco evita empregar o que noutros tempos poidera ser case politicamente incorrecto. Tal vez esa licenza literaria que autores columnísticos como Umbral ou Reverte aínda deixaron abertas moitas máis posibilidades ou frentes para que outros autores como o que nos ocupa se fixen con máis libertade.

Resulta case un manual histórico e literario, moi útil, aínda que hai algúns relatos incluídos que pertencen tamén ao anecdotario político, nos que, ademais de metodoloxía literaria, se impregnan dun determinismo creativo, ao fío da conclusión e a consecuencia dos malos actos dos personaxes.