A Asemblea de Orgulho de Ourense homenaxeou este domingo a Eduardo Blanco Amor, no marco dos actos conmemorativos do Día do Orgullo LGTBI+, que se celebra a nivel internacional este martes, 28 de xuño. Onte fíxose unha lembranza no cemiterio de San Francisco, onde repousan os restos do escritor de A Esmorga. Ademais, a sede da asociación A Galleira exhibiu o vídeo da canción ‘Eduardita’, creada en 2021 para honrar a figura, a vida e a obra de Blanco Amor. Por outra banda, CC OO anima a participar nos actos e manifestacións do Orgullo e propón “medidas que faciliten a vida e desenvolvemento persoal e profesional das persoas LGTBI+”.