Ourense acolleu este domingo o I Desfile da República Galega, no que participaron numerosas persoas de distintas idades, nun ambiente festivo, para conmemorar a proclamación da República Galega propia, en xuño de 1931 –foi efémera, durou un día–, así como a victoria no referendo do Estatuto en xuño de 1936, antes do golpe militar.

O BNG estivo entre os participantes desta reivindicación do breve Estado Galego.

Os participantes portaban escudos históricos das diferentes comarcas de Galicia. INAKI OSORIO