Corenta escritores e escritoras referentes da narrativa en galego participan en ‘Fisterra’, unha obra coral que publica a editorial ourensá Linteo como primeiro anuario do relato curto na nosa lingua. Está impulsado pola entidade cultural Amigos do libro galego/Artes e letras, de recente creación, da que forma parte o escritor ourensán Xosé Manuel del Caño, xornalista do FARO durante 30 anos. O libro foi presentado onte no Liceo.