A editorial Galaxia e a Fundación Vicente Risco asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a primeira encargarase de publicar en exclusiva a obra en galego de Vicente Risco na colección Biblioteca Vicente Risco (BVR).

A decisión xa fora tomada con motivo do centenario da publicación do primeiro número da revista Nós pero polas circunstancias epidemiolóxicas non se materializara aínda. Ambas partes reafirmaron a súa vontade de colaboración recíproca que se estende máis aló do plano editorial.“Para nós é unha honra que a obra de Risco se publique nunha editorial tan senlleira como Galaxia onde don Vicente publicou o seu Leira aínda en vida nunha edición que el propio supervisou”, afirmou a presidenta da Fundación, Celia Pereira Porto. O principio inspirador do acordo é a colaboración a prol da cultura e a lingua galegas, recollendo o legado da Xeración Nós.