Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un ‘scape room’ para salvar o galego

Unha cooperativa de monitores planifica xogos de misterio inspirados no patrimonio cultural para fomentar o idioma

Un momento do xogo do mago, dirixido a nenos de 8 a 12 anos. | // IÑAKI OSORIO

Pantasmas, criaturas micolóxicas e varios enigmas por resolver. As instalacións do CEIP Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar transformáronse onte no escenario dun ‘scape room’ no que os rapaces tiveron que descifrar códigos e respostar preguntas enxeñosas para poder avanzar e resolver misterios. Chegar ao final comportaba unha dobre victoria: o éxito da aventura e un tanto moi relevante no rescate do galego.

“Só un 15% dos rapaces falan galego na escola”, remarca Pablo Ovalle, integrante da cooperativa Aventeira que promove esta actividade nos concellos de Galicia. “O que nos propoñemos e fomentar o uso da lingua e o coñecemento do patrimonio cultural galego”, sinala.

Actividade gratuita para os rapaces

Pereiro de Aguiar é o primeiro concello na provincia que apostou por esta iniciativa que xa se desenvolveu noutros territorios de Galicia e que é gratuita para os rapaces e as familias.

O programa, de nome Vive a Lingua, está composto por dous xogos teatralizados polos monitores. O primeiro, dirixido a rapaces de 8 a 12 anos e ás súas familias, puxo en escea a meigas, trasnos e outras personaxes mitolóxicas que precisan dun mago e dos propios nenos para ir superando probas e resolver o enigma.

O misterio das pantasmas reuniu a rapaces de 13 a 17 anos encargados de devolver a paz a persoeiros da literatura galega como Rosalía, Castelao o Eduardo Pondal que por un motivo que teñen que averiguar non poden descansar. Para descifrar os codigos, os participantes tiveron que interactuar con estas personaxes e, ao mesmo tempo, afondar na súa vida e obra. Unha forma de “reforzar as aprendizaxes literarias e de historia da lingua que se dan na escola e noutros marcos educativos”, destacan desde Aventeira.

Compartir el artículo

stats