Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

‘128MIL Quilómetros’, un fanzine con debuxos, fotos e textos vencellados á tatuaxe

A revista, obra de Anxo Varela (Pruden) e Lúa Carballo (Lúa Lomo), ten unha tirada de 125

Lúa Carballo (Lúa Lomo) e Anxo Varela (Pruden).   | // F. C.

Lúa Carballo (Lúa Lomo) e Anxo Varela (Pruden). | // F. C. / J. F.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

J. F.

Ourense

O café cultural Auriense acolleu este sábado a presentación en sociedade de ‘128MIL Quilómetros’, un fanzine en edición limitada de 125 copias realizado por Anxo Varela ‘Pruden’ e por Lúa Carballo ‘Lúa Lomo’. Nesta revista, que emprega o branco e negro e papel reciclado, pódense atopar un total de 70 deseños nas súas 44 páxinas; ducias de debuxos e fotografías, ademais de textos con historias diversas relacionadas co mundo da tatuaxe arredor de Europa.

‘Pruden’ crea as tatuaxes, mentres que ‘Lúa Lomo’ deseña contidos e fai as fotografías das viaxes. As súas creacións tamén se comercializan en prendas de roupa, como camisetas, bufandas ou suadoiros. Esta parella de emprendedores de Ourense conta con algunha das súas pezas a disposición no Bauhaus, en Alemaña, e recentemente deseñaron a cuberta do disco, a mercadotecnia e a promoción da música galega de rock Paula Chaves, líder do proxecto Pauliña.

Tracking Pixel Contents