Un xinete e o seu cabalo resultaron feridos graves esta pasada noite en Maside tras ser atropelados por unha furgoneta cando cruzaban a calzada. Según informan dende a Garda Civil, o home na súa montura quixo pasar da estrada a unha pista asfaltada coñecida como "O puzo do lago" e recibiu o impacto do vehículo que circulaba pola N-541 sentido Ourense.

O home foi evacuado ao CHUO mentres que o animal foi trasladado a unha finca próxima a espera de recibir atención veterinaria. Porén, a primeira vista xa se podía comprobar que o cabalo tiña polo menos dúas patas rotas como consecuencia do impacto ademais de feridas abertas na cabeza e no pescozo pola caída e posterior arrastre sobre o asfalto. Ante esta situación barallase a necesidade de ter que sacrificar ao animal. O conducto da furgoneta resultou ileso.

Ata o lugar trasladáronse dúas ambulancias do servizo de urxencias, dúas patrullas de motoristas e un equipo de atestados da Garda Civil e os bombeiros do Carballiño. Tamén acudiu ata o punto o alcalde de Maside para interesarse polos afectados.