Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“Hoxe máis que nunca, hai que recuperar o exemplo de vida das mulleres republicanas”

A investigadora e escritora Aurora Marco impartiu a conferencia ”Irmandiñas e republicanas” no 90 aniversario da República

Aurora Marco, onte, no Liceo, co seu libro “Irmandiñas”. | // IÑAKI OSORIO

Eran mulleres, eran valentes e loitaron para ser ceibes. Durante un tempo non tiveron dereito a voto, pero si voz e un papel fundamental na loita polas liberdades na primeira década do século XX. Eran “as irmandiñas” , sachando sulcos na política, no xornalismo, nas letras, pero a súa proxección, pese a todo, foi menor que a dos seus compañeiros de loita, e xa quedou en moitos casos mutilada ou silenciada nos 40 anos do túnel do franquismo.

Así o lembra a catedrática, investigadora e escritora Aurora Marco, quen onte fixo unha dobre homenaxe a aquelas mulleres, na súa conferencia “Irmandiñas e republicansa”, que recolle en parte o fío argumental do seu libro Irmandiñas e que pronunció no Liceo de Ourense, para celebrar un 14 de abril o que non pudo vencer este ano o COVID, e desenrolou de novo un programa de actos conmemorativos, organizado pola Asociación de Amigos da República de Ourense.

Abrindo sulcos contra a desmemoria

A pescuda documental de Aurora Marco, vencellada dende fai anos á loita contra a desmemoria a través da investigación, en boa parte desde unha visión de xénero, recolle nomes e feitos de mulleres que desenvolveron a súa actividade nesas datas.

“Celebramos o noventa aniversario da República e pareceume axeitado abordar o periodo que vai de 1931 ao 18 de xulio de 1936, periodo breve de apenas cinco anos, cando se produciron moitos avances para as mulleres” indica Aurora Marco, que define o seu libro Irmandiñas como un paso máis e unha homenaxe “o papel das mulleres naqueles anos, en especial as que foron represaliadas”.

Entende que “hoxe máis que nunca, “hai que ter moi presente as personas que diron a veces a vida por defender a xustiza, os dereitos, a igualdade. As republicanas foron un exemplo de vida. En momentos como os de hoxe, nos que vemos tantas cousas inmpensabeis e antidemocráticas é moi necesario ter presente non so a estas mulleres, senón o exemplo daqueles homes”. Lembrou que foron anos de “cambio das vellas estructuras, de novas expectativas vitais polas mudanzas que houbo no periodo, de enorme importancia para a vida das mulleres como o dereito o aborto, o divorcio, dereito a ser elexidas para calquer cargo público, a coeducación nas escolas”, sinalou a investigadora.

Dentro do mencionado período centrouse de forma abreviada “en como foi a participación política das mulleres. Unhas en mitins, en propaganda, estiveron en directivas de partidos ou sindicatos, ainda que fora en pequena proporción, colaboraron en ‘A Nosa Terra’, ‘La Lucha’, que era o xornal de tendencia socialista de Pobra do Caramiñal ou en ‘La Hora’, de tendencia socialista”.

Alfaya, a candidata viguesa que non se pudo votar

Lembrou ademáis as dúas candidatas que houbo daquela a diputadas. “Un caso moi curioso foi o de Concepción Alfaya López, presentouse polo Partido Republicano Vigués, no 1931, cando as mulleres ainda non tiñan dereito a voto eso pasou meses despois”, explicou. A segunda galega que se presentou xa nas eleccións de novembro de 1933 foi Amalia Figueroa, obreira conserveira de Vigo que se presentou polo Partido Comunista.

“Non sairon elexidas, pero foron tempos sempre ilusionantes, de esperanzas, de compartir ideais e de militancias, pois había mulleres no Partido Galeguista, no Partido Comunista Izquierda Republicana, no PSOE, na Confederación Nacional de Traballadores” .

Aurora Marco centrouse en algunhas biografías “de mulleres de todos estos partidos para trasladar as súas actividades e sobre todo para contar como foi o seu final porque, cando se produxo a sublevacion militar do 36, unhas foron fusiladas, outras encarceladas, outras inhabilitadas ou desterradas e as que que quedaron viviron un exilio interior”.

Foi unha conferencia chea de aportacións tan amenas como interesantes, na que non faltaron referencias da historiadora ao Grupo Femenino do Partido Galeguista de Ourense creado en 1933 na cidade de As Burgas e as historias das súas fundadoras.

Compartir el artículo

stats