Redrum Teatro estreará en maio en Ourense o seu novo espectáculo, ‘Un home con lentes de pasta’. Dirixida por Alex Sampayo, a obra trae o galego unha comedia surrealista escrita polo dramaturgo catalán Jordi Casanovas. A compañía presentará a súa nova montaxe no Teatro Principal o 7 e 8 de maio. Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña, Laura Míguez e Fernando González conforman o elenco. A peza pon o foco nas relacións persoais e no efecto das aparencias, o narcisismo, a manipulación e a impostura.