O Xurado do XV Premio Clara Campoamor da Igualdade reúnese o luns para o veredicto
Redacción
O vindeiro luns reúnese no salón de plenos do Concello de Ourense o xurado da 15ª edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades.
A entrega deste premio será o día 8 de marzo, nun acto que tamén terá lugar no mesmo escenario, o salón de plenos do Concello, con aforo reducido polas restricións sanitarias.
Formarán parte do xurado representantes do Concello, do Centro de Información Municipal á Muller (CIMM), do Colexio de Traballadores Sociais de Galicia, do Consello Municipal de Igualdade e unha persoa socialmente relevante no ámbito da igualdade de oportunidades.
O prazo de presentación de propostas estivo aberto até onte, e a entrega do premio terá lugar o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
O certame, que organiza a Concellería de Igualdade ten como obxectivo poñer en valor o traballo de institucións, grupos e persoas, de ámbito preferentemente provincial, destacadas na defensa dos dereitos das mulleres e a loita pola igualdade de xénero. Algunos colectivos xa amosaron a súa proposta para a presente edición pero será o xurado o que tome decisión.
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- As Conchas, zona cero de contaminación de acuíferos: «Aquí ya es insano hasta respirar»
- Aparece un interrogante gigante en Ourense: esto es lo que hay detrás del misterio
- Vox se queda sin representación en Galicia: deja el partido la única concejala que tenía en Avión
- Los chicos del Preu volvieron al cole.... 50 años después
- Atención integral a pacientes con enfermedades avanzadas
- Inspiro convierte Expourense en gran escaparate del emprendimiento joven
- Condenado por una agresión sexual a una amiga que se quedó dormida en el sofá