Hasta 64% DTO Suscríbete Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A ourensá de moda nas redes sociais: “O galego mola, dígocho eu”

A verinense Esther Estévez é a cara do programa da Televisión de Galicia que ten como pilar básico a transmisión e o correcto uso do galego a partir de medios dixitais e da diversión

A verinense Esther Estévez nun dos últimos vídeos do programa “Dígocho eu”. | // FDV

Fala rindo e non hai mellor analoxía que esa para entender o que transmite Esther Estévez. A verinense é a ourensá de moda nas redes sociais e tamén na televisión despois do seu ‘hit’ coa palabra “zorra”. “Ese vídeo foi moi visto é moi compartido por todos, incluso me chamaron canles de televisión nacional para facer entrevistas, saíu en noticias e dalgún programa local de Galicia”, explica a verinense.

Nese vídeo explicativo da palabra “zorra” o equipo do “Dígocho eu” describía a acepción no idioma galego como un carro baixo de catro rodas pequenas usado para transportar pesos grandes e non outras acepcións castelanizadas, como a que se identifica co animal e outras oracións.

Paseniño a paseniño, e captando cada dia a máis adeptos os vídeos rápidos, orixinais e de aprendizaxe entretido, ganan repercusión non só na sociedade, se non tamén nos círculos de prestixio. O programa da TVG é finalista aos V Premios Paraugas de Comunicación e Marketing, que se darán hoxe, pola súa posta en marcha dun proxecto pedagóxico, dixital, orixinal e que rompe barreiras.

"Cando vimos que seguían o programa nun centro educativo de Mos, foi un golpe de realidade grande"

decoration

Esther Estévez deuse conta da transcendencia do que estaba a facer co galego, cando acudiu a un centro educativo en Mos e a súa cara estaba nos corredores ensinando o uso correcto do galego. A verinense di que “o primeiro golpe de realidadee foi cando fun o meu instituto, o IES Xesús Taboada Chivite en Verín, e vin que a miña cara estaba nas televisións dos corredores e que os rapaces vían os meus vídeos. Ese foi un orgullo grande, pero pensei que sería porque fora exalumna e estiven alí. Pero cando fomos a un colexio de Infantil de Mos e vinme tamén nas clases e nas televisións e cos nenos dicindo o meu nome, foi un golpe de realidade moi grande. Porque non tiña ninguén coñecido alí, e nese intre foi cando o equipo do programa e máis eu démonos conta da repercusión que estaba a ter”.

Carlos Amado e Rocío Pérez son os “cerebros” como os define ela dun programa que cala non só, na xente xoven a través de Tik Tok e Instagram, senón tamén noutras xeracións. Os cerebros argallaron un programa que ten no guión as acepcións correctas das palabras galegas, pero tamén as tomas falsas. Esther afirma que “o principal para aprender e divertirse e nós facémolo a miúdo, por iso que as tomas falsas son un incentivo para que a xente que ve os vídeos tamén se divirta aprendendo e que vexa que nós tamén nos divertimos”.

Unha patente “familiar”

Nunha viaxe en coche saíu o nome do programa. Unha apostila que na familia Estévez se dí moito e que o irmán de Esther puxo enriba da mesa. A verinense comenta rindo que “foi tal cual así, díxoo e gustounos a todos, el ten a patente”.

O seu vínculo co galego remóntase dende pequena no día a día cas conversas coa súa familia, co bo trato coa súa exprofesora de galego Marita y cunha lingua que considera vehicular e importante nunha Galicia na que, cada vez, fálase menos o galego. “Os datos están aí, non os digo eu, pero o galego mola, dígocho eu (risa sonora). Este proxecto serve tamén para que os máis cativos fagan do galego algo seu, que o queiran e que lle collan agarimo a lingua”.

"Este proxecto serve tamén para que os máis cativos fagan do galego algo seu"

decoration

En Verín a tradición manda no Entroido, pero a pandemia pon en ‘pause’ as celebracións máis devanceiras da provincia de Ourense. Un posíbel disfraz sería o da verinense no “Dígocho Eu”. Ela nin o pensa, pero seguro que moitos márcano como opción. A verinense sinala que “a verdade que nin mo plantexara, pero eso sería unha fantasía, unha barbaridade, se atopo alguén disfrazado así, sacareime unha foto e direille que moitas grazas. Unha mágoa que este ano non se poda celebrar”.

O que si pode festexar ela e o equipo do programa é o impacto que están a ter na xeración máis cativa co uso das redes sociais e tamén a paixón coa que falan do galego. “Os galegos fáltanos un pouquiño para valorarnos máis, as nosas tradicións, a nosa cultura, o noso idioma. Temos que recuperar o agarimo e o amor polo noso. E ter esta repercusión na xente xoven, que colla o que facemos no programa é unha ledicia. Vemos que o que facemos serve para ver que o galego é atractivo,”, reflexiona a verinense.

"Se atopo alguén disfrazado de mín no programa, sacareime unha foto e direille que moitas grazas"

decoration

No seno da familia o galego é o menú do día, coa súa profesora Marita mantén o contacto na lingua que ela mesma perfeccionou e agora con esta fama e experiencia co idioma todavía lle quedna momentos para corrixir os seus: “A veces sí que lle digo a familia ou os amigos correccións, pero son de broma, non son unha policía do galego e ademais son a primeira que me trabuco”.

Esther Estévez nunha pantalla de televisión no instituto onde estudou, no IES Xesús Chivite de Verín. //FdV

Compartir el artículo

stats