A Fundación Vicente Risco manifesta o apoio ao seu padroeiro Acisclo Manzano, aos “artistiñas” e o resto de persoas da cultura e cidadanía que demandan a existencia dun museo municipal en Ourense. “Os artigos 9 e 44 da Constitución do Reino de España encargan aos poderes públicos a promoción do acceso á cultura á que todas as persoas teñen dereito. A cultura é un ben necesario ao que non todas as persoas teñen acceso, polo que é preciso un labor de promoción e pedagoxía que a faga accesíbel a toda a cidadanía, con independencia da súa situación persoal, económica ou social” afirman.

Creen que ·“ Ourense e a súa historia, a súa cultura e a súa potencia creadora deben ser coñecidos para poder ser amados, para que as persoas que viven en Ourense sintan orgullos”. Por iso afirman que “queremos pedirlle ao goberno municipal que reconsidere a súa postura e valore a necesidade de manter unha infraestrutura cultural necesaria e non a converta nun edificio de oficinas”.