Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ourense acolle o primeiro Roteiro Nós teatralizado

A Fundación Otero Pedrayo convoca para o día 8 de febreiro o primeiro Roteiro de Nós guiado polos persoeiros que participaron na creacion do colectivo e da revista do mesmo nome.

Catro actores representarán a Ramón Otero Pedrayo, que exercerá de anfitrión, Vicente Risco, Florentino Cuevillas e Eladia Pedrayo. Recrearán o ambiente, actividade e traballos dos protagonistas ó longo dunha hora polo casco vello da cidade.

O roteiro teatralizado sairá da esquina do parque de San Lázaro ca rúa Santo Domingo, as 7 da tarde e a poucos metros do que foi o edificio do Hotel Parque, pois na súa primeira planta desenvolveuse a derradeira tertulia de Vicente Risco, nos anos 60 da pasada centuria e percorrerá os puntos da vida dos persoeiros de Nós.

Compartir el artículo

stats