Familiares, amigos e compañeiros da vida política, varios deles dos tempos do bipartito, xuntaronse onte á tardiña no Liceo de Ourense -cheo- para lembrar a Alexandre Sánchez Vidal, falecido en maio de cancro.

Licenciado en Dereito, exercía como letrado do Servizo Galego de Saúde en Ourense. Na política chegou a ser tenente de alcalde da cidade, nas filas do Bloque Nacionalista Galego (BNG), entre 2007 e 2009. Nos últimos anos da súa vida participou de forma máis ou menos activa en distintos proxectos políticos. Foi un dos impulsores da plataforma Ourense Mellor.

Xosé Manuel Beiras, o exalcalde Francisco Rodríguez, a exedil Áurea Soto (PSdeG) e outros exconcelleiros do bipartito, como Andrés García Mata, Ana Garza, José Ángel Vázquez Barquero ou Marga Martín, asistiron ao acto de lembranza.