| O centro cultural 'Marcos Valcárcel' expón desde onte a mostra 'Retrospectivas', un percorrido polo traballo pictórico, escultórico e como gravador do artista Emilio Celeiro. Aínda que ten pezas illadas, no conxunto desta exposición predominan dúas grandes imaxes: os peixes e as rodas. Hai obras antigas que datan de 1959 e outras recentes, do ano 2016.