'Correlingua' deixa pequeno o Auditorio, que fixo dúas quendas para mil participantes
Os colexios do Ruxidoiro e Concepción Arenal gañaron o concurso de Primaria; Mende e de novo Arenal o de Secundaria
"Correlingua" deixou pequeno o Auditorio de Ourense por primeira vez na historia, ó participar mil alumnos - 800 de Secundaria e 200 de Primaria-, que tiveron que acceder ás instalacións en dúas quendas. Nun momento determinado, atopáronse os dous grupos no cruce da rúa Cardenal Quiroga con Santo Domingo. Os alumnos de Primaria, que se dirixían a San Francisco, tiveron que deixar pasar ó grupo de Secundaria, que viña dende o Auditorio á Praza Maior. Nas trece convocatorias anteriores nunca superara os 600 participantes.
Os organizadores explican que nesta edición non puideron levar a todos os alumnos xuntos por motivos de seguridade e porque non había espazo suficiente no Auditorio para acollelos.
Alumnos do módulo de FP de Técnicos en Actividades Físicas e Deportivas (TAFAD) da Farixa coordinaron xogos tradicionais na Praza Maior, nos que participaron as dúas quendas. Os dous grupos, de Primaria e Secundaria, fixeron o recorrido acompañados polo folión do alumnado de Trives, que marcou o paso da andaina de secundaria con bombos e aixadas. Os organizadores destacan que a súa actuación foi "magnífica".
Gañaron o concurso de pancartas de Primaria O CEIP O Ruxidoiro e o de Concepción Arenal. En Educación Secundaria impuxéronse o Colexio de Mende e de novo Concepción Arenal. Nunha das pancartas gañadoras podíase ler o lema de Correlingua: "Un paso adiante", noutras "Twittea o galego", "Deixa os prexuízos, fala galego" e "En galego todo vale".
O incremento de alumnos nesta edición "débese á implicación de moitos colexios e sobre todo do profesorado", que fai un traballo de elaboración de pancartas e de cantigas ó longo do ano e "incúlcalle ós alumnos o amor pola lingua".
O éxito de participación non colma de satisfacción ós organizadores. A secretaria de Ensino da CIG, Sara Martiñá, sinala: "Si o galego gozase dunha boa saúde, o Correlingua non tiña que existir. Os alemáns, os ingleses e os de Soria non organizan xornadas deste tipo".
Cargan de novo contra o decreto en vigor no Ensino, que "impide que se impartan en galego as materias científicas, como Física, Química, Matemáticas e Tecnoloxía. Iso é un ataque á liña de flotación da lingua".
- Cuando la 'wedding planner' es la madre de la novia: boda con alma gallega en Ourense
- Sacrificios sin salir de la aldea: el matadero móvil atiende concellos sin esta instalación
- Primer chapuzón en el parque acuático de Monterrei
- Agradecimiento por la lucha de toda una vida
- Jácome presenta un presupuesto de 116 millones y solo un millón para inversiones
- Las ovejas también se hacen las uñas
- Visita el Museo da Gaita Fole de Barbadás
- Rubén, premio a 32 años de tesón en la venta del cupón en el CHUO