Bombeiros/as forestais de Galicia: coa razón para a protesta

Bomberos forestales trabajan en un incendio de este verano en Dozón. / Bernabé
Xan Lois Cabreira
Chegou a choiva e apagáronse xa por fin os incendios. E nestes intres semella que os máis esquecemos o inferno sufrido non hai moitas semanas. Miles de hectáreas de verdadeiras xoias naturais da nosa biodiversidade barridas do mapa. Aldeas enteiras asediadas pola lapas, completamente arrasadas, desaparecidas con escenas terribles de angustia, pánico, terror…e cun alto risco de morte. Non é brincadeira. Compañeiros/as bombeiros nosos queimados, aínda hoxe ingresados, saben ben do que estamos a falar. Mais, «a memoria é fraca» din os portugueses.
Todo semella continuar igual, sen arder, en aparencia, pero a nos consumir coma sociedade doutro xeito. Baixo o manto negro, das cinzas está o esquecemento colectivo. Toca denunciar, demandar, esixir sen mordaza na boca a moi mala xestión da Xunta de Galicia no sucedido este verán. O nefasto descontrol da Consellaría do Medio Rural. A descoordinación máxima entre os mandos superiores e intermedios do SPIF (Servizo de Prevención contra os Incendios Forestais) durante a vaga de incendios e temos que reclamar que todos, fagan unha autocrítica e dar solucións no que xa se viu a converter nun problema de protección civil de primeira orde. Ollo, outras vagas incendiarias virán e tocarán desta volta a ese moi densamente poboado «eixo atlántico».
Nós, Bombeiros Forestais (así, con maiúsculas), motobombistas, emisoristas, vixiantes das casetas, a punta de lanza contra os incendios do territorio, non imos, non debemos, nin podemos calar. Sobran motivos para a protesta.
Este 15 de novembro, a centos de traballadores/as do SPIF, da Xunta de Galicia botannos á rúa. Ao paro. Exemplo moi gráfico de algo que non vai ben aquí: uns excelentes profisionais para traballar nas continxencias e en breve desempregados. As choivas xeran escorrentías de lama e cinza moi tóxica envenenando augas antes aptas para o consumo (máxima atención a isto!!).
E o primeiro, esixir traballo nos 12 meses do ano e non os precarios 8 actuais, para procurar unha estabilidade laboral no sector e que se faga cumprir a normativa europea sobre a temporalidade do 8% na administración pública.
Unha suba duns salarios pobres por uns xustos aos tempos que corren, cos pagos en prazo x que coa endémica perda de poder adquisitivo estase a minguar substancialmente día a día nosa calidade de vida.
Mellorar substancialmente a formación e as equipas, neste verán houbo moito de audacia e inxenio dos propios bombeiros que debemos actualizar e mellorar.
Igualdade de condicións entre os traballadores funcionarios e laborais, no que reclamamos ante o mesmo traballo as mesmas condicións.
O cumprimento da Lei Básica de Bombeiros/as forestais, os acordos e as leis están para se cumprir.
Porque a sociedade galega é merecedora dun servizo profesional que lle transmita confianza e seguridade e ademais porque o paga duramente co seu traballo a través dos impostos. Esiximos logo, que este noso servizo (compre lembrar e insistir, propiedade de toda a cidadanía), sega sendo da nosa xente, público, de calidade para evitar que se lle permita a entes privados fagan un espurio negocio coa integridade física das persoas. Que este absolutamente todo ao día, listo e en regra no presente e cara o futuro, ben adaptado e regrado aos novos tempos dos veráns con terribles incendios, xa non que veñen, senón que xa chegaron e para quedar.
Por un servizo 100% público de calidade. Xustiza e dignidade para os bombeiros forestais!!
*Xan Lois Cabreira é bombeiro forestal
- El encendido de las luces de Navidad de Vigo en primera línea: aforo limitado y solo cuatro accesos a Porta do Sol
- Detenido un vecino de Vigo que estaba lanzando botellas de cristal desde una planta de Vialia hacia la plaza de los cines
- Saca fotos «furtivas» para denunciar la casa de sus vecinos en Nigrán y acaba condenado por violar su intimidad
- Los últimos porteros de Vigo
- «No trato de ser espiritual, para eso ya hay grandes santos»
- La colosal Navidad de Vigo al desnudo: guía completa para disfrutar de sus 12 millones de luces
- Fortaleza de Chocolate en Portugal: la tentación más dulce de Valença regresa por Navidad
- Atropellan a un hombre en la avenida de Beiramar: «Voló por los aires»