O proxecto do parque da Parda

Zona de A Parda donde se proyecto el parque. / Gustavo Santos
Rosario Brinquis Crespo*
«El futuro no pasa por el hormigón, el cemento o el acero. Tenemos que evitar el cambio climático con soluciones basadas en la naturaleza».
Estas palabras do enxeñeiro de camiños Carlos Mallo Molina, premio ambiental Goldman 2025, resumen o que debería terse en conta no proxecto do parque da Parda en Pontevedra, onde un enfoque en solucións baseadas na natureza aproveitaría os valores naturais do lugar en vez de ignoralos e destruílos.
Na parcela onde o chamado parque vaise situar había unha zona húmida moi naturalizada, con lavancos e anfibios, o que parecería un punto de partida ideal para proxectar un fermoso parque arredor das augas, fresco, saudable e compatible coa vida silvestre. No ano 2010, un grupiño de veciños e científicos solicitou ao Concello de Pontevedra que se protexese a zona húmida. Nunca recibiron resposta.
O proxecto constructivo non foi exposto á participación pública, non houbo consulta á veciñanza, pero pódense consultar os requisitos básicos de construcción na web da plataforma de contratación. En resumo, consiste en: un gran espazo adicado a aparcadoiros, unha importante superficie edificable para futuras dotacións deportivas, unha explanada pavimentada, unha zona axardinada e, como «hito arquitectónico», as augas dos mananciais que xeraban a zona húmida, debuxadas en azul turquesa, dentro dun canaliño branco, iso sí, dinnos na prensa que inspirado na fonte memorial de Lady Di en Londres.
Pontevedra é a única cidade de España presente nunha alianza europea de cidades verdes. Porén, en vez de valorar a paisaxe e os valores locais, vaise buscar inspiración a Londres para «canalizar» as augas naturais cunha camisa de formigón armado.
Pido ao Concello que recapacite se pode. Que mire o éxito de pasadas iniciativas como o parque do Gafos, como a Illa das Esculturas, onde con moi pouca obra dura e aproveitando os valores naturais propios acadáronse espazos de lecer moi apreciados polos pontevedreses. Ese é o camiño a seguir para unha cidade verde no século XXI.
*Rosario Brinquis Crespo é membro da Fundación Nueva Cultura del Agua
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba uno de cada diez aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Turistas maleducados
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»