Helena Villar Janeiro: da mestra aos alumnos

Rubén Reiriz

Santiago de Compostela

Na escola de Maxisterio de Lugo aprendeu a non ser maestra. Unha asignatura de agricultura baseábase en coitar unha pranta. Na Universidade de Santiago había un mestre, Abelardo Moralejo, que de 150 alumnos aprobaba a catro. Chegou á Universidade de Madrid grazas a tres meses de asuntos propios. Na aula había policía secreta. Levaba zocas para andar pola lama.

Os ilustradores, fundamentais nos libros dos nenos, xeralmente non consultan cos escritores. «Vermiño vivía sóm nunha casa moi curiosa». A ilustradora confundiuse, non era nunha colmea senón nunha mazá. Casares comentoulle que xa non se podía modificar pois era moi caro. En O avó de Pipa puido escoller a súa ilustradora favorita, Mari Fe Quesada.

Ero e o capitán Creonte tamén ten unha boa anécdota. Cando os seus fillos estaban no Pío XII unha mestra afirmou: «Alguén trouxo droga, os nenos tomaron uns caramelos e quedaron durmidos»; o certo é que as súas aulas non eran moi divertidas. O libro fala dun neno sen pai e Abelardo, moi afouto, sabéndose inspirador non o entendía.

Para A voda de papá baseuse nunha historia real. Una nena perdera a súa nai nun accidente de coche. Cada vez que o seu pai, Ramón, estaba cunha rapaza, ela choraba pensando que era alguén que ía substituir a súa nai. «As madrastras non teñen por qué ser malas».

Houbo censura en Un rato na casa, adicado a unha neta. É un animal ao que Helena lle ten moito noxo. No conto un rapaz fai un trato co roedor para deixarlle comida para que non estragase todo. Meteuno nunha caixa e díxolle aos país que era un hámster. «Non mo permitiron porque a nai saía da casa e deixaba só o neno no fogar. Eu non daba crédito, era todo unha fantasía. Que o neno quedara só era unha treta para que o conto avance, xa tiña dez anos e doíalle a gorxa. Eu criei a un irmán, catro anos menor, con bronquite crónica».

Tracking Pixel Contents