No Lérez, homenaxe a Barriga Verde
Xosé González Martínez
Xaime Iglesias González, presidente da Asociación Cedofeita, é autor de dúas publicacións de recomendada lectura para coñecer a biografía dunha personalidade popular pero senlleira na historia da cultura galega da primeira metade do séculos pasado, e de anos anos anteriores: José Silvent, o mítico Barriga Verde e Barriga Verde na prensa. Unha escolma de cen textos. O seu traballo de investigación sobre a vida e vicisitudes do dramaturgo popular e precursor do teatro de títeres en Galicia realizado en lingua galega durantes as décadras dos anos 40, 50 e parte do 6o permítenos valorar o seu labor realizado nos escenarios naturais de feiras e romarías.
Segundo Xaime Iglesias, unha das características do teatro de bonecos na súa liña popular foi a rebeldía social e a crítica burlona e aceda: «Divertía o público cando se mofaba do poder e impoñía a súa particular xustiza a estacazo limpo, con voz atiplada e metalinguaxe xestual, poñendo na picota as incoherencias e desatinos da organización social que padecía a maioría da poboación, así como a aqueles que máis se beneficiaban dela».
Barriga Verde foi un heroe teatral para un público variopinto, composto por nenos e adultos, que acudían á barraca de Silvent na procura de momentos de evasión, pero establecendo complicidades coas ocorrencias dos seus bonecos, nomeadamente coas de Barriga Verde, que celebraban con gargalladas e aplausos. Nunha reseñada publicada en El Progreso alguén escribira : «Que non o deixen marchar de Lugo!». Posiblemente fose o xornalista Trapero Pardo, admirador do artísta do Lérez, a quen dedicou reiteradas louvanzas nas páxinas do xornal comentando a súa presenza nas festas do San Froilán en Lugo e nas de San Lucas de Mondoñedo, ás que adoitaba acudir todos os anos.
Na aludida colectánea de autores que lle dedicaron ao titiriteiro do Lérez acendidas crónicas gabanciosas atopamos os comentarios de Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel, Ánxel Fole, Raimundo García Domínguez ‘Borobó’, que chegara a escandalizar á anacrónica directiva da Real Academia Galega coa súa proposta feita desde as páxinas do xornal santiagués La Noche de nomear académico de número a José Silvent. A proposta era unha provocación intencionada por mor da inoperancia da institución. Para Borobó’, o creador de Barriga Verde representaba a máis xenuina mostra do guiñol galego; «era o Maese Pérez da galeguidade». Barriga Verde falaba case sempre en galego, nun tempo no que a cultura galega estaba proscrita. Remataba as súas funcións coa célebre frase de «Morreu o demo, acabaouse a peseta», para dar paso a outra representación.
Sorprende que na nómina de intelectuais que louvaron a Barriga Verde non figurase ninguén do grupo de eruditos pontevedreses; a causa, con toda probabilidade, debeu radicar en que sendo a parroquia do Lérez territorio da moinantería, para o parnaso cultural pontevedrés non fose merecente de recoñecementos aquel conglomerado social.
Restauración da Memoria Lingüística
A recuperación da importancia que Barriga Verde tivo para a lingua galega débeselles ao grupo Viravolta de Lalín e ao historiador Anxo García, que no Festival Internacional de Títeres de Redondela pronunciou unha conferencia calificando a José Silvent como o primeiro títere galego da era moderna. Cincuenta e cinco anos despois do seu pasamento (1970), a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, coa colaboración da Asociación Cedofeita, o Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, convocan para o vindeiro día 26, ás 18.00 horas, un acto de Restauración da Memoria Lingüística na Casa da Cultura de Lérez coa participación de varios oradores e a amenización musical de Os Chispas do Lérez.
A seguir, no cemiterio parroquial, remudarase a lápida en castelán por outra en galego, seguindo a filosofía que inspira a celebración destes actos de restauración da memoria lingüística dos homes e mulleres galegofalantes. O epitafio di así: «Aquí xacen na súa paz Emerenciana Fernández Gómez (a súa esposa) e José Silvent, o mítico Barriga Verde, que levaron o seu espectáculo de monicreques feito en galego pola Galicia do século XX. Honras para eles!». Na porta do cemiterio colocarase unha placa de agradecemento aos devanceiros da parroquia «porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu».
- Herida muy grave una mujer tras una colisión frontal contra un camión en la N-550 a su paso por Pontevedra
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Reino Unido ya vende sus pulpos en Galicia: su sector pesquero factura ya casi el doble que el gallego por la persistencia de su «plaga»
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo
- De Doja a A Estrada para abrir boca
- Las gasolineras de bajo coste, camino de absorber más de la mitad de la oferta en Vigo: proyectan otra apertura junto a la avenida de Madrid
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- Samil abre este miércoles la gira de verano de Cadena Dial con once conciertos gratis