Outra oportunidade perdida
José A. Hermida Fernández
Lamentable o acto de presentación en Vigo dunha «sesión informativa do plan de usos do Teatro Fraga», carente do máis mínimo rigor e contido:
* Si a Xunta abríu un «proceso participativo da cidadanía», ben se merece por deferencia á mesma, que a cidadanía coñeza o seu resultado antes de redactar o plan de usos. Para este viaxe non se precisaban estas alforxas.
* Non é de recibo iniciar a redacción dun plan de usos, sen ter en conta un mínimo estudio das necesidades tutelado como mínimo nos criterios técnicos da persoa que vai dirixir o equipamento.
* Non é politicamente aceptable criticar a actividade cultural da cidade, cando a programación da Xunta en Vigo está intencionadamente ausente. Se prédica co exemplo.
* Vigo precisa dun equipamento cultural que complemente a oferta existente, e non máis do mesmo como así o deixa entrever a intervención do director xeral de Cultura, manifestando que o 60% do equipamento xa está definido cos usos como teatro (iso si cunha platea retractil) e una ampla sala de exposicións (no espacio da antiga sala de festas Nova Olimpia ) quintuplicando por ende un uso suficientemente cuberto na cidade ca oferta existente noutros equipamentos como o Marco (con baixa participación da Xunta e programación de baixo perfil), Afundación Abanca, Fundación Barrié (pechado), Casa das Artes, Museo de Castrelos, Museo do Mar, Pinacoteca,etc., .
* Estudien e valoren o uso dunha novedosa oferta existente noutras localidades (Casa da Música Oporto, Centro de Residentes Artistas Matadero, Bilbao Escena, etc.).
* Se a cultura a mantén a cidadanía, ben merece que algunha das principais entidades culturais históricas da cidade dispoñan dun espacio digno para desenvolver a súa actividade, sendo o espazo Fraga un boa oportunidade para acoller algunha delas como a Fundación Sondeseu, Coral Casablanca, Fiadeiro, Orquestra 430, etc.
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- El caso de los asesinatos de cuatro hermanas gallegas
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio de Porriño
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano
- Le imponen 5.500 euros por dejar el coche «aparcado» en un taller de Vigo durante seis meses