¿Y tú qué opinas? Los lectores tienen la palabra
Lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella
Xosé González Martínez
A vida foime agasallando con bos amigos e amigas de rexas personalidades. Con eles fun tecendo organizacións culturais transversais. Movimos os marcos dos limitados espazos de uso do galego para constituirmos unha agra aberta, que acollese a diversidade do noso patrimonio identitario. Afortunadamente algúns seguen vivos. Outros, sen embargo, xa faleceron. Pero deixaron un ronsel de galeguismo integrador con achegas innovadoras que teñen un valor inestimable.
Estes son algúns deses inesquecibles amigos. Velaí están os exemplos dos maxistrados Claudio Movilla Álvarez, Daniel García Ramos e Orencio Pérez González, alicerces da presenza da lingua galega no ámbito xudicial. Outra persoa senlleira foi o notario Victorino Gutiérrez Aller, autor dunha inxente cantidade de protocolos notariais en galego desde tempos da proscrición da lingua. Fundamental foi tamén a vontade galeguizadora de Ramón Castromil Ventureira, que nos permitíu recuperar e anovar o discurso galeguista que ten na historia de Galicia figuras sobranceiras. Continuador desa xinea galeguista foi o pedagogo Xosé Manuel Rodríguez-Abella. Sen o esforzo de todos eles Galicia sería menos galega do que hoxe é. Partillamos con todos eles ilusións e proxectos innovadores.
O próximo día 13 de decembro a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, renderá unha sentida e merecida homenaxe a Xosé M. Rodríguez-Abella, que foi membro activo do transversal proceso de normalización lingüística. Será no Teatro Principal de Santiago de Compostela coa proxección dun documental alusivo ao seu percurso biográfico: “Xosé Manuel Rodríguez-Abella, a intelixencia educadora”, dirixido por Carme P. Vaquero e producido por Pío Garcia, cos patrocinios do Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Hai nomes propios que están asociados para sempre ás historias das cidades. No caso de Santiago de Compostela, o do alcalde Xerardo Estévez. Porque modernizou e custodioucon mimo o patrimonio da histórica cidade. A carón del, como funcionario colaborador de excepcional imaxinación, estivo Xosé Manuel Rodríguez-Abella, dirixindo o departamento de Educación máis dinámico e de proxección internacional dos que houbo no noso país. Participou activamente na creación e nos foros promovidos polo movemento de cidades educadoras e moitos países que quixeron artellar unha pedagoxía nova para acadaren a cohesión social dos seus cidadáns, e a posta en valor das súas potencialidades.
Xosé Manuel Rodíguez-Abella aportou desde o departamento de Educación un maxisterio que reivindicaba para os cidadáns o coñecemento da súas orixes e a consolidación dunha comunidade educativa participativa na reconstrución da identidade histórica. Foi fonte torrenteira de iniciativas ao tempo no que tamén se artellaban as institucións autonómicas. No documental antedito, compañeiros seus naqueles anos nos que a ilusión creara a súa propia atmosfera, recoñecen o pulo creativo do noso amigo Xosé Manuel. O propio alcalde, Xerardo Estévez, ten un emocionado recordo para un dos seus cualificados colaboradores.
Da súa primorosa emotividade galeguista deixou mostra na manda testamentaria dirixida aos seus fillos, publicada no libro “En galego, agora e sempre” (extracto un parágrafo): “Sara e Marcos, queridos fillos, mentres puiden quixen darvos cariño que vos alimentase para o resto das vosas vidas. Agora quero deixarvos unha dote que non é pequena, un lugar e unhas palabras; ou as dúas cousas xuntas: as palabras do lugar ou lugar das palabras. Quero darvos a esperanza de vivir nun lugar que mereza ser habitado, un país digno, libre e orgulloso. Toda palabra se é querida, é humilde e poderosa. As nosas, ademais, son as nosas. Foron miñas e agora son vosas”. A súa compañeira de vida, e tamén técnica do departamento de Educación, Beatriz Varela, vela polo seu cumprimento. Mantermos encesa a súa memoria é unha responsabilidade para acadarmos un futuro mellor.
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Detenido uno de los enlaces gallegos de la banda albanesa que trató de desembarcar 1.100 kilos de cocaína en Arousa
- Un buen chico y un gran amigo que siempre tenía una sonrisa
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Prórroga y polémica arbitral para despedirse de la Copa