Chámaselle oposición
Cástor Rodríguez González
Segundo a Real Academia Española a oposición pode significar: resistencia, enfrontamento, obstrución, disensión, desacordo, contraste, loita.
Se miramos á política tamén se refire a conxunto de partidos que nun país se opoñen á política do Goberno ou ó poder establecido.
Esta palabra oposición dedicada ó traballo que se fai nos parlamentos me parece segundo a semántica bastante negativa. Digo isto porque cando non hai moita formación por parte dos parlamentarios pódese coller a palabra demasiado ó pé da letra.
A oposición (mal chamada pola miña parte) está referida ós partidos que non levan o goberno da nación. A súa labor debe ser a de discutir unhas cousas e propoñer outras para que o os que gobernan poidan ter máis ideas que as súas propias. Iso sería , o meu modo de ver, o ideal; dito así de simple.
Por outra banda non sei a que vén iso de “líder” da oposición adornado cos seus privilexios e todo, como un abandeirado máis. Peor é, que segundo o que estamos a ver, só se quere intentar tirar o presidente de turno para ocupar o seu lugar.
O que está pasando na política estes días por unha parte de certos partidos non ten perdón. A caste política nótase nas ocasións difíciles. A catástrofe que estamos a vivir no noso país non é para aproveitarse dela politicamente, nin para obter beneficios de ningunha clase. Se iso sucede estamos diante da miseria humana e dunha falta de ética dun gran dano para os cidadáns. Entra dentro do perverso. Non esaxero nada.
E logo, para conseguir eses obxectivos politicamente perversos buscan os medios e as artimañas para logralo. Se di que o “fin non xustifica os medios”, pois aquí nin os medios nin o fin. Xa está ben de mentiras e enganos para manipular ó pobo.
Penso que todos temos a obriga de buscar a verdade das cousas para axudar a facer unha sociedade máis xusta e humana Quero que quede claro que a maioría dos nosos representantes son válidos. Pero os que son malos, nótanse moito e fan moito dano.
Temos que loitar cada día para dicirlle a eses políticos que non serven para estar onde están, que teñan vergoña e se vaian. Encima, non sei como non lle queiman as mans ó coller ese diñeiro que lle damos todos.
Fagamos unha reflexión serena e non nos deixemos guiar polos fanáticos que queren impoñer ás súas ideas sen razón de ningunha clase. Loitemos pola sanidade, educación, a xustiza... Cando elas teñan calidade tamén a teremos nós.
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Detenido uno de los enlaces gallegos de la banda albanesa que trató de desembarcar 1.100 kilos de cocaína en Arousa
- Un buen chico y un gran amigo que siempre tenía una sonrisa
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- Prórroga y polémica arbitral para despedirse de la Copa