Nos 2000 as referencias musicais máis fortes da maioría dos nenos e nenas galegas foi OT, ollo! antes diso o Xabarín Clube polo que eu e varias xeracións estamos moi agradecidas.

Que referencias culturais teñen os nenos e a nenas de hoxe?

O pasado venres no concerto de Tanxugueiras no Porriño puiden observar a nenos e nenas gozando con tres mulleres fortes no escenario, cunhas voces tremendas e levando por bandeira a lingua galega e a cultura nun Concello onde o galego non é a lingua maioritaria polo menos no centro, ese centro cheo de xente para velas cantar e bailar fomentando o respecto e o amor propio e tamén a liberdade no amor e na vida, coa bandeira do orgullo nas costas e letras que incitan a quererse e a loitar polo noso.

Grazas Tanxus por educar, non sodes conscientes da grande impronta que está a quedar na infancia que tanto vos adora, dentro de 20 anos serán os adultos e adultas tolerantes e respetuosos que se darán valor a si mesmos, á nosa lingua, á nosa cultura e á nosa Terra.

Vaia sorte teñen de tervos! Voltaría atrás para poder educarme na vida con vós.