Nunha recente entrevista na prensa, usted descalificou a aqueles que dicían que a AP-9 era “unha navallada para Galicia” e aos que nos opoñemos a este Plan Sectorial Eólico de Galicia, calificándonos de decimonónicos.

Debería usted saber que os que dicían iso da navallada conseguiron un montón de imprescindibles pasos superiores para cruzar dita autopista no treito de Pontevedra a Rande. Tamén a gratuidade entre O Morrazo e Vigo.

Respecto á oposición ao plan eólico: aclárolle que non dicimos eólicos non, senon: eólicos así non.

Este Plan Sectorial, que non elaborou usted está dando luz verde a proxectos inadmisibles medioambiental e socialmente.

Por exemplo: están a dar luz verde a proxectos que van alterar severamente os acuíferos que proporcionan toda a auga aos embalses de Eiras e Pontillón do Castro, dos que beben Vigo e Pontevedra, nada menos. Refírome aos proxectos de parques eólicos na Serra do Suido e na Serra do Acibal, respectivamente.

Outros parques eólicos traerán outros problemas medioambientais, que me ofrezo a analizar con usted cando queira.

Decimonónicos foron grandes científicos (Darwin, Wegener, Humboldt, etc.), tamén grandes artistas e inxenieiros ¡Gracias por piropearnos!

Formoso: o diñeiro non se bebe e ca auga non se xoga. Coiden o río Eume, por favor.