Unha das facultades que dignifican á persoa humana e a da memoria. Digo isto porque o pobo mexicano debería sentirse preocupado por ter un presidente [Andrés Manuel López Obrador] sen memoria. Me refiro á obrigados españois de pedir perdón pola conquista realizada no seu país. É certo que en todas elas se cometen erros España non foi menos. Porque sabemos que o que moveu a moitos ir ultra mar foi os degaros de riquezas sen importarles os medios empregados.

Maila aparte diso, o presidente non pode esquecerse da obra civilizadora levada a cabo por España, abrindo camiños, erguendo universidades e rematando cos sacrificios de centos de naipelos aos que se lle arrincaba o corazón para calmar aos deuses, superstición promovida polos seus reises para distraer as xentes cando algo lles ía mal…

Outra das cousas importantes foi que os españois non remataron coa raza como fixeron outros países que todos coñecemos, senón que se misturaron con eles o que podemos comprobar como conservan os rasgos primitivos nas súas faces…

Que pasaría se os españois pedísimos perdón aos romanos pola conquista realizada en España, aínda que as veces sobardasen os límites, todo hai que dicilo, a resposta é doada que fariamos o rídiculo. Porque Roma foi o berce da nosa civilización, senón andaríamos de pigureiros polo monte gardando cabuxas e ovellas.

Remato dicindo que o presidente mexicano faría ben de preocuparse por resolver os problemas do seu país, que os ten abondo, e o de considerar a España como un amigo pois de bos nacidos e o de ser agradecidos.