Nese país avanzado ó que chamamos USA, ocorren situacións de risa. Os becarios en políticas so lles queda o recurso de pedir. A beca non chega. O seu propósito no Capitolio é escoitar ás súas señorías e levar feixes de papeis daquí pra acolá. Outros becarios teñen que facerlle o café o seu congresista. Ben feito e con gotas. Soen arrapiñar os restos das cuchipandas políticas. Algo moi democrático. E pouco desexable na COVID. Tamén gozan de cupóns de racionamento para comer, coma na posguerra española. O elevado aluguer de Washington fai que non haxa becarios asiáticos ou afroamericanos. Polo visto un albanel en Angola, Benín ou Zambia, goza dunha mellor vida cos becarios de Washington. Polo menos, ninguén lles minte cun mundo mellor.