Por que os gobernos non obrigan a liberar as patentes ás farmacéuticas?

Sería o máis normal xa que esta é unha situación excepcional e afecta a todo o planeta. De verdade que as miles e miles de persoas que seguen morrendo día a día, non lles importan señores e señoras políticos/as? Isto chegou demasiado lonxe, todos sabemos que uns poucos seguen amasando diñeiro, mentres millóns de persoas padecen e sofren e morren pola falta das vacinas.

Sinceramente tal e como están as cousas se a clase política non decreta dunha vez por todas liberar as patentes, agardo que o mundo enteiro se dé conta dunha vez por todas de que os/as políticos/as, non serven para nada.

Só valen para prometer cousas, moitas cousas, miles de cousas, iso si desas miles si cumpren algunha, a primeira será subirse o soldo e as demais aos poucos algunhas cumprirán, sobre todo cando estean de novo preto outras eleccións , e seguir dándose a gran vida, e así van pasando os anos.

Pero o de non liberar as patentes é de xulgado de garda, señorías que a pandemia é a nivel “global”, que xa morreron uns 5.000.000 de persoas segundo os datos da maioría dos medios informativos, aínda que outras fontes din que son moitos máis.

A morte segue tendo un prezo.