Somos traballadoras sociais de centros de educación especial e outros asociados a este colectivo (centros de día, residencias...), todas nos levamos un monte de anos traballando ou estamos relevando as que empezaron neste posto fai moitos anos.

No CEE Saladino Cortizo houbo posto de traballo de Traballadora Social dende o seu inicio, no ano 1969, ata xullo de este ano. Ao longo de todo este tempo o seu traballo foi moi necesario para atender as necesidades do alumnado e imprescindible para o seu benestar e o das súas familias.

Non é certo que as nosas funcións sexan exclusivamente administrativas, por suposto que nos centros temos que facer a parte administrativa o non dispor deste persoal específico, nin tampouco que o noso traballo o poidan desenrolar as traballadoras sociais dos Concellos, nin dos outros organismos con responsabilidade neste campo (Deputación, Xunta, etc.)

O noso contacto directo e o acompañamento permanente do alumnado e das familias ao longo da súa escolarización, permite detectar problemas, prever situacións e detectar necesidades de apoio e servizos que a Administración non ve, ao non estar en contacto directo coas persoas usuarias.

É fundamental o traballo de acompañamento, asesoramento, información, apoio emocional e orientación ás familias, buscando sempre os servizos e recursos máis apropiados para cada situación, non podemos obviar que a discapacidade dun fillo ou filla condiciona a vida de toda a familia, situación que se mantén ao longo dos anos.

A nosa experiencia de traballo coordinado ao longo dos anos fixo que se conseguiran moitas melloras na atención aos nosos usuarios/as, co obxectivo de que a súa calidade de vida mellore, caso do campamento de verán da Xunta de Galicia nos meses de xullo ou agosto, non so en setembro, campamentos urbanos nos concellos nos que cada persoa ten cabida e atención acorde as súas necesidades, respiros familiares nos que os rapaces e rapazas o pasen ben mentres as súas familias teñen uns días de descanso merecido e necesario.

Non entendemos que non se cubra a praza alegando que nos centros públicos non a hai. Iso non quere dicir que non sexa necesario, o correcto sería tela en todos, desa forma equipararíamos os públicos aos concertados, xa que todos contan con este profesional;

Se o noso sistema público pretende ofertar unha educación especial e servicios de calidade non pode de ningunha maneira prescindir do labor do/a traballador/a social en centros escolares.