Sen ánimo de ofender a sra. vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, lémbrame a Othar o máis que famoso cabalo de Atila, que segundo a historia chegou a ser tan famoso como o mismísimo Atila. Desde hai un tempo esta señora cada día é máis famosa, non hai ningún medio de comunicación que non fale do seu proxecto marabilloso, segundo manifestou ela mesma, pero do que de momento nada se sabe. Son ilusións, como di a famosa canción de Los Chichos.

Cada día máis afastada de Unidas Podemos, válelle todo para seguir saíndo nos medios de comunicación, reunións con políticas de case todos os partidos, ofrecendo postos no suposto proxecto, como o caso de Íñigo Errejón de “Más Madrid”, e desta forma tentar comprar a súa vontade.

Cada día lémbrame máis a Pablo Iglesias, que chegou triunfou, e con todo fíxolle repetir as eleccións a Sánchez e ao mesmo tempo que esnaquizou a Unidas Podemos, logrou que Vox entrara por primeira vez no Congreso, iso sí, grazas tamén á desfeita de Cidadáns .

En resumo o que eu creo é que a sra. Díaz fichará polo PSOE, cada día que pasa téñoo máis claro, xa que o que está a facer é dividir aínda máis a esquerda . Doutra banda os “tres másteres falsos” do currículo de Yolanda Díaz, convertéronse en “cursos superiores e de posgrao”. Acabo cunha pequena reflexión, de verdade esta señora que di ser comunista e que foi a falar co “santo pai”, cito palabras súas, é unha mostra máis de que xa vive noutro mundo, seguro que a este paso moi pronto ata pode ser “canonizada” polo mesmo.

De ilusións tamén se vive ... Hai que lembrar que por onde pasaba o cabalo de Atila non medraba a herba.