É obvio que a iluminación de Nadal repercute en tódolos comercios, bares e demais negocios de cada concello, e senón, que llo pregunten aos que teñen este tipo de negocios en Vigo, lugar onde o seu alcalde, Abel Caballero, segue un ano tras outro presumindo das luces da cidade, nestas datas tan entrañables para moita xente, a pesar de que agora mesmo a sexta “Onda” está xa instalada en todo España.

Con todo aquí no Morrazo, mentres en concello de Moaña, o 2 de decembro acendeu as mesmas, con 130 arcos e unha infinidade de adornos en farois nas rúas da vila do mesmo xeito que moitos dos arcos están por tódalas parroquias.

Pola contra en Cangas non hai nin a décima parte, nas parroquias nin existen, salvo as que poñen os veciños nas súas casas, e algún que outra árbore de Nadal nalgúns lugares, tamén feitos por veciños/as das mesmas.

En Aldán unha vez máis un grupo de mariñeiros, xunto coas súas fillas e familiares tamén, unha vez máis puxeron unha gran árbore no mesmo peirao, feito con material reciclado dos aparellos con que traballan; e con luces.

En resumo está claro que aquí o goberno de quenda fáltanlle luces, non é nada raro para esta xente do Nadal, só valen as vacacións, aínda que o certo é que levan desde que empezou está lexislatura de vacacións.

E isto non ten pinta de arranxarse, salvo que haxa algunha intervención do máis aló, é dicir que os veciños e veciñas, polo menos o 90% de Cangas do Morrazo, seguiremos aguantando ata as próximas eleccións, a menos que o pobo se afarte, non queda outra, menos mal que os catro xinetes da apocalipse que mandan e ordenan en Cangas, son de esquerdas e fáltanlles luces. Así estamos, imos cara atrás