Igualdade sobre rodas
Cristina Martínez Suárez
O mércores día sete de outubro encolléuseme o corazón o ler no xornal unha noticia sobre os pensionistas: “Máis de 169.000 malviven nunha situación de severa pobreza en Galicia. Dous de cada dez xubilados teñen apenas 550 euros para chegar a fin de mes, o peor porcentaxe de España”. O artigo 50 da constitución di que: “Os poderes públicos garantirán, mediante pensións adecuadas e periodicamente actualizadas , a suficiencia económica durante a tercera edade”. Ó mesmo tempo é preciso apuntar que a situación de pobreza tamén se extende a moitos traballadores, xa que o emprego non lles cobre a totalidade das súas necesidades básicas.
O artigo 35 da Constitución di que “Todos os españois teñen dereito a unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia”. A realidade non coincide co texto.
O día seguinte, o xornal saca o titular sobre o rei emérito. As investigacións sobre a súa persoa van a pecharse por parte da fiscalía. Non pode ser procesado a pesares de ter moitos delitos. A excusa, a inviolabilidade do rei que consta no artigo 56 da Constitución. Aquí por suposto que coincide o texto.
O país sofre unha crise económica galopante, os comedores sociais non descansan pero temos que agradecer ó monarca que ninguén se olvide do artigo 56. Ese artigo sí que se mantén fiel á realidade. Imaxino que non son a única que di que “a igualdade está sobre rodas”.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- El legado de una casa de Vigo okupada tres años: «No dejaron ni los recuerdos»
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Fiesta en la Carnicería de José.
- Este es el «paraíso azul de Galicia», el municipio con más playas con bandera azul de toda España
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia