Imos un ano mais un fato de homes e mulleres e sobor de todo de nenos e nenas que son o futuro, implicados na conservación da natureza e limpeza dos ríos, na xornada de limpeza simultánea de medio ambiente na campaña “Mollate polos Ríos” convocada pola asociación Vaipolorío que son o sol que acariña o Gafos o rio que en si e un poemario. Tamén como noutros anos acompáñanos os mozos e mozas entusiastas da Fundación Xoan XXIII guiados pola coordinadora que fai un traballo exemplar Susana Pérez López, é digno de admiración o entusiasmo que poñen na tarefa de limpar o rio ,cando se destribulle o traballo eles son os primeiros que se ofrecen a o traballo máis difícil que e mergullarse cos bateadores no río non exento de risco.

O ar arrecende a humidade o vento abanea os maizais, xa albiscase nas sinais que ofrece a natureza a retirada do verán ea chegada do outono , as árbores mudan de cor e as primeiras follas caen paseniñamente preludio dun suicidio colectivo ao chan creando unha alfombra de cores amarelo, verde ,vermello e ocres, o paraíso dos pintores impresionistas seque aínda saen a pintar ao campo como facían antaño, alegroume e sorprendeume moito pois xa facía tempo que non vía a nadie pintar fora dun estudio unha imaxe do pintor Antonio López cun cabalete pintando dese xeito nunha praza en Madrid.

Xa no chan atópanse os primeiros ourizos das castañas que se mesturan cas follas primeirizas suicidas e as landras dos carballos que Carla de Vaipolorío vai apañando e cun pau vai espichando no chan para que un dia agromen e súmanse as árbores que dan sombriza na carballeira de Manuel María que agora co mural que pintaron ao seu carón loce mais fermosa, cunha fouce desbrozando unhas silbeiras nunha ponla dun árbore atopamos vixiante un Paporrubio atento que non lle fosemos estragar o seu niño, xa a natureza ofrécenos os primeiros froitos e escomenzan a agromar os saborosos cogumelos.

Cargados cas bolsas cheas de lixo no retorno a baleirar nos contenedores atopamos unha valla que puxeran de protección tirada no rio que a alguén sen conciencia pendurou , parabéns tamén para a asociación o Quilombo que tamén eles saíron a limpar o regato de Valdecorvos que tamén teñen dereito a ser limpados, decía a nosa Rosalía de Castro cos regatos pequenos son os rios grandes das xentes que viven ao seu carón.

Voltamos da xornada de limpeza do rio un pouco mais esperanzados pois poidemos comprobar que xa se liberou un tramo do rio dos Gafos a carón da estación de autobuses ogallá que axiña poidamos limpar todo o rio xa descuberto e cheo de luz e de vida. E que cante o merlo.