O pasado día 29 de agosto celebrouse en Riazor o partido de 2ª B (agora ten outro nome) entre o Deportivo e o Celta B no que unha chusma miserable proferíu graves insultos contra súas personas noutro tempo ligadas ó Real Club Celta, unha asasinada vilmente ó facer fronte a uns atracadores nas oficinas de Balaídos, e outra postrada en silla de rodas como resultado dun faltal accidente de circulación.

Non hai palabra para calificar a estes miserables descerebrados, a esta panda de resentidos frustados que ó non poderen sufrir a situación noxenta de ver ó club vido a menos, salvado de desaparecer pola intervención de Abanca, ó enfrontarse ós cachorros do “eterno rival”, amosan toda a vileza que cabe nos seres humanos. Por certo, que tamén cos cartos que tódolos vigueses temos nesta colabórase a soster a un club “escarallado”, según o dono da mesma.

A baixeza integral desta chusma non ten parangón na nosa Comunidade. Non se pararon a pensar (si é que pensan) os “creadores” de tales eslogans, no sufrimento gratuito de dúas familias ás que todos debemos respeto, menos eles que descoñecen o seu significado.

Supoño que o Club Deportivo debería facer público un comunicado de disculpa por feitos tan graves e miserables cometidos por unha tropa de hooligans violentos, e o Real Club Celta presentar unha denuncia formal ante a autoridade para castigar a estes badulaques.

É certo que couces de burros non chegan ó ceo e desgraciadamente chove sobre mollado. Por iso eu animaría ás familias dos perxudicados a presentar unha querella criminal por un presunto delito de odio, contra o club que debería pararlle-los pés e non o fai.

Sirva esta carta de desgravio e apoio os afectados e decirlles que o celtismo e o deportivismo de ben (que son a maioría) estamos con eles. E nós tranquilos e felices co noso Real Club Celta (en 1ª división) defendendo o prestixio do país e cantando a Rianxeira.

¡¡Hala Celta!!