Centros de saúde en loita

Cristina Martínez Suárez

Esta mañán volvín a ler, unha vez máis, unha reportaxe sobre a sobrecarga dos centros de saude.

Os xornais non minten o dicir que hay profesionais que están enfermando, por ansiedade e estrés, debido a atender a mais xente da que deberían, e aguantando as queixas e o descontento dos pacientes en espera.Quero dirixir esta carta a tódolos aqueles que exercitan as suas protestas contra o personal sanitario ou administrativo, en vez de empregar as suas malas palabras contra os responsables directos de esta barbarie, que deciden non contratar a ninguén mais para cubrir vacacións ou baixas laborais. O mal xenio e urxente empregalo contra as persoas que están facendo da sanidade un moneco de trapo,ninguén ten cordas e tampouco se vai deixar manexar ata a morte. Neste caso está en perigo o desmantelamento dos dereitos fundamentais. O colexio de médicos xa denunciou esta situación ante o penal, e significa unha vergoña que o xulgado non colla esta situación polos cornos, e así o xornal deixará de publicar o que debe de arranxarse xa. O problema non está nos centros de saude, o vértice do problema son os dirixentes políticos e os seus intereses.