Entre o 2 e o 12 de agosto celebrouse en Ourense a 34ª edición dos Campamentos Urbanos, na que participaron 385 nenas e nenos, adolescentes e xente moza.

Nesta época que a COVID centrabase na xente moza e que ás veces falabase de inconsciencia xuvenil, a experiencia do Campamento Urbano demostra que a xente moza pode realizar actividades con seguridade e cumprindo os protocolos hixienico-sanitarios precisos.

O Campamento Urbano é unha iniciativa de tempo libre educativo libre, aberta e gratuíta, e deunos a oportunidade de vivir a cidade dun xeito diferente, relacionármonos saudablemente, de seguir conectándonos coas amigas e cos amigos nesta época COVID, de aprender hábitos hixiénico-saudables, de coñecer diversas entidades da cidade, de gozar do tempo de lecer, de xogar e cantar, de ir de excursión, de darse un baño... Como cada verán, e de maneira especial neste 2021, o Urbano contribuíu a rexuvenecer a nosa querida Auria.

Rematada esta edición, desde a organización queremos transmitir o noso agradecemento a quen fixestes posible que este proxecto se puidera seguir levando a cabo:

Grazas a todas a rapazada e mocidade que participastes neste Urbano.

Grazas ás familias que confiastes en nós.

Grazas a todos e cada unha das 64 persoas voluntarias pola vosa entrega.

Grazas ao Concello de Ourense e á Deputación Provincial pola colaboración.

Grazas á Obra Salesiana de Ourense polo apoio, paciencia e doazón desinteresadas, e grazas tamén á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

Grazas ás persoas particulares, aos organismos públicos e privados e ás 105 entidades (algunhas delas desde o anonimato) por apostar de diversas maneiras por este soño de Amencer.

Grazas aos medios de comunicación por darlle cobertura ao Urbano, de maneira especial ao diario Faro de Vigo.

Grazas, ourensás e ourensáns, porque un verán máis soñastes connosco unha forma alternativa de gozar do verán na nosa cidade.

Sen todas e todos vós, o milagre do Urbano sería imposible.

E se polo desenvolvemento deste campamento causamos algunha situación non desexada para a cidadanía durante esta primeira quincena de agosto, tamén vos pedimos disculpas. Ata o próximo verán!