Na memoria da xente maior do barrio de Campolongo está a imaxen dunha velliña de cabelos de prata, que cando taparon o río dos Gafos no seu debalar polo barrio, no abrente do día cas manciñas trementes, espallaba migas de pan enrriva do cemento do paseo para que os gorrións viñeran a picotear e así o río non sentirse tan soio. Outra historia que se lembra ea de aquel outro vello recio aferrado a terra como un Carballo que logo encerraron nun siquiátrico, porque con un pico quería el soio liberar o río que foi a sua vida do cadaleito no que o puxeran .Velai logo de miles de anos de luz pasando devagariño polo barrio, dando vida e riqueza cos Muiños os Lavadoiros e regando as colleitas nas beiras sin facer dano a ninguén, de súpeto deixarono agochado sen luz nin vida condeado a mais de cincuenta anos de sombra. Nadie no barrio pensou que aqueles velliños xunguidos ao rio estibesen tolos.

No fardel da memoria o río garda o tempo cando sentiase querido e apreciado polos veciños carrexando prosperidade e riqueza na contorna, regando as veigas ao seu caròn ,dando de beber a os peregrinos ,procurando coñeitas abondosas e proporcionando alimento cos Muiños e auga pra os Lavadoiros ao seu carón, no tempo cando a vida xiraba arredor do río, cando toda a riqueza e prosperidade llegaba a traves del. Cando o Merlo pousado na pola dun Bidueiro cantaba nos dias tristes da invernia, e os Pardais Xilgaros Poporrubios e demais paxaros facian os niños nas árbores que se espelleaban e reflectíanse nas augas, era o río donde os leprosos lavaban as feridas para poder entrar na cidade.

Poren agora o río moito tempo esquecido e abandoado nun buraco de sombras sintese que non esta soio, e albiscase un raio de esperanza cando traidos polo vento escoita marmurios de voces baixas que falan de liberalo. Velai o rio devagariño rebuleiro feliz agochado na procura da luz confiado que asiña poida ollar as estrelas que durante moito tempo eran como bagoas que caian. Voltaran os paxariños a beber e bañarse nas beiras, e as Bolboretas ,Avelaiñas e Andoriñas alo pola primavera cando as beiras enchense de Lirios, Narcisos e Fiuncho, cando o ár recende a Loureiro e Mentrasto, os praderios pintanse cos cores das Mapoulas como cadros de Van Gogh e volva o río a sentir o latexo da vida co balbordo dos rapaces ao saír no recreo e escoitar cantar o Cuco outra vez, e as Lavandeiras e Pegas rabilongas e Corvos reidores, picoteen nas beiras ,e os veciños no tempo do lecer pasear e apreciar o ter a sorte de ter o rio das Sete Enchentes fermosísimo cheo de vida pasar devagarciño e rebuleiro ao seu carón.

Albiscanse boas novas pra as rías contaminadas e os ríos tapados ca anulación da inxusta pórroga de Ence que vai liberar a ría da contaminación, e o proyecto de destapar o tramo do Gafos ao paso pola cidade. Alo no Caurel que ainda saben o que e vivir en paz e armonía ca natureza llamanlle Loairas as raiolas de sol que saen entre as nubes ,o mesmo que agora sinten a ría de Pontevedra eo río dos Gafos cando enpezase a valorar a importancia de ter unha ria sen chemineas, e un río sen lousas. Sen Tenpo Non Era, e que Cante o Merlo que estamos de troula.